Ficha biblioteca

Nova Programa de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra o teu primeiro emprego na deputación 2020_2021
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación26/06/2020 FonteBop de Pontevedra
Taxonomía
TemasAdministración local, Economía, empresa e emprego Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de Pontevedra Ámbitos xeográficosPontevedra
Descrición Publicadas as bases da convocatoria do programa de fomento da empregabilidade na provincia de pontevedra "o teu primeiro emprego" na deputación provincial 2020_202
Detalles contido
Programa de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra o teu primeiro emprego na deputación 2020_2021 Publicadas as bases da convocatoria do programa de fomento da empregabilidade na provincia de pontevedra "o teu primeiro emprego" na deputación provincial 2020_202
26/06/2020|Bop de Pontevedra

1.—Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular o procedemento de selección das persoas beneficiarias das contratacións laborais en prácticas na Deputación de Pontevedra de tituladas e titulados universitarios e de formación profesional de grao superior, sen experiencia laboral previa, co fin de poder adquirir a práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados e facilitar a súa inserción no mercado laboral.

2.—Selección das persoas beneficiarias dos contratos en prácticas

1. Na selección das persoas beneficiarias dos contratos en prácticas aplicaranse criterios de valoración obxectivos, segundo o expediente académico, os estudos cursados, a formación relacionada co posto de traballo a desempeñar, o nivel de coñecementos etc.

2. O Servizo de Recursos Humanos da Deputación Provincial, será o encargado de levar a cabo a selección mediante a presentación da correspondente oferta de emprego na oficina do Servizo Público de Emprego de Pontevedra. Presentarase por titulacións tendo en conta os seguintes principios xerais:

a) A oferta non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios establecidos nestas bases.

b) En ningún caso poderá incluírse nin admitirse como criterio de selección a experiencia laboral na titulación requirida

3. A selección efectuarase entre demandantes de emprego desempregados ou co cartón de mellora de emprego, inscritos no Servizo Público de Emprego e que cumpran os requisitos esixidos para a formalización dun contrato en prácticas. O ámbito de busca de emprego non poderá superar o nivel provincial.

4. Presentada a oferta de emprego, o Servizo Público de Emprego realizará unha preselección das persoas candidatas segundo as titulacións dos postos de traballo a desempeñar e a razón dun máximo de 5 por posto, que remitirá ao Servizo de Recursos Humanos para proceder á selección das persoas beneficiarias destas contratacións en prácticas.

5. Na sede electrónica e páxina web da Deputación publicaranse as titulacións dos postos de traballo solicitados e os criterios de valoración deste proceso selectivo.

6. Para realizar a selección o Servizo de Recursos Humanos da Deputación nomeará un tribunal cualificador, cuxa composición deberá adecuarse aos principios que regulan a constitución e funcionamento dos órganos de selección.

3.—Criterios de selección das persoas beneficiarias das contratacións en prácticas

4.—Contratacións en prácticas

5.—Financiamento

6.—Persoas beneficiarias das contratacións en prácticas

7.—Límite Temporal

8.—Características dos contratos en prácticas

9.—Formalización da candidatura e acreditación dos méritos

10.—Prazo para a presentación

11.—Comprobación de datos

12.—Documentación

13.—Publicacións de actos

14.—Trámites administrativos posteriores á presentación da formalización da candidatura

15.—Resolución...

Temas:Administración local, Economía, empresa e emprego
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de Pontevedra
Ámbitos xeográficos:Pontevedra
Valorar:
Compartir contido