Ficha biblioteca

Nova Modificacións nas medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación29/06/2020 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Emerxencias e seguridade Tipo de contidoNovas, Normativa ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 25 de xuño de 2020, aprobou o seguinte acordo que foi publicado o pasado sábado 27 de xuño: «Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada por COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.
Detalles contido
Modificacións nas medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 25 de xuño de 2020, aprobou o seguinte acordo que foi publicado o pasado sábado 27 de xuño: «Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se introducen determinadas modificacións nas medidas de prevención previstas no Acordo do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada por COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.
29/06/2020|DOG

Mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020 adoptáronse medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada por COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Conforme o punto sexto do dito acordo, as medidas preventivas previstas nel deben ser obxecto de seguimento e avaliación continua co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Para estes efectos, poderán ser obxecto de modificación ou supresión mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de sanidade.

De acordo co exposto, considérase que debe ser modificado o anexo do anterior acordo para introducir novas medidas de prevención ou revisar as existentes en relación con determinadas materias. As cuestións fundamentais que se abordan son as seguintes:

– Establecemento de regras aclaratorias sobre o uso de máscaras, coa finalidade de lembrar a súa necesidade en situacións en que non se pode garantir o mantemento da distancia de seguridade interpersoal.

– Pola súa importancia para controlar os eventuais brotes, establecemento expreso da obriga de que as persoas con sintomatoloxía compatible con COVID-19 non saian do domicilio e que o comuniquen ao servizo sanitario coa maior brevidade.

– Obriga de cumprimento das medidas de illamento ou corentena prescritas nos casos de casos confirmados ou sospeitosos de infección polo virus SARS-CoV-2 e de contactos estreitos.

– Medidas de prevención específicas para os casos de coros e agrupacións vocais e orquestras, bandas e outras agrupacións musicais, así como na actividade formativa en conservatorios, escolas de música e danza.

– Ampliación da capacidade máxima na modalidade de aloxamento turístico de albergue ao setenta e cinco por cento da súa capacidade máxima permitida.

– Medidas para a celebración de actos de culto e de competicións deportivas federadas ou eventos deportivos en espazos abertos e con acompañamento de público na vía pública.

– Ampliación da capacidade máxima no caso de actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil realizadas en espazos pechados.

– Revisión da superficie de praia por cada usuario para os efectos de cálculo da capacidade máxima, fixándoa en tres metros cadrados, e aplicación da mesma regra dunha persoa por cada tres metros cadrados para a determinación da capacidade máxima en parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos de uso público ao aire libre similares.

– Establecemento de novas medidas de prevención para o desenvolvemento da actividade de establecementos de lecer nocturno, festas, verbenas e outros eventos populares e atraccións de feiras.

– Ampliación da capacidade máxima en establecementos e locais de xogo e apostas.

– Introdución da posibilidade de exceptuar, de maneira extraordinaria e coas debidas garantías, os límites de capacidade e asistencia en eventos ou actividades multitudinarias.

– Flexibilización na ocupación dos transportes públicos de viaxeiros en vehículos de ata nove prazas, incluído o condutor.

– Aprobación de protocolos COVID-19 específicos por parte das industrias agroalimentarias no ámbito da agricultura e da gandaría.

– Prohibición do uso compartido de dispositivos de inhalación de tabaco, pipas de auga, cachimbas ou asimilados en todos os locais de entretemento, lecer, hostalaría e restauración, e en calquera outro tipo de establecemento aberto ao público.

Determinadas medidas, como as relativas ao uso de máscaras, ás persoas con síntomas compatibles con COVID-19, a obriga de cumprimento das medidas de illamento ou corentena, a prohibición do uso compartido de dispositivos de inhalación, a flexibilización na ocupación dos transportes públicos de viaxeiros en vehículos de ata nove prazas, incluído o condutor, ou a aprobación de protocolos COVID-19 específicos por parte das industrias agroalimentarias no ámbito da agricultura e da gandaría, terán efectos desde a publicación do presente acordo. O resto das medidas terán efectos a partir do 1 de xullo, e preténdese establecer coa antelación suficiente para permitir o debido coñecemento polos seus destinatarios e facilitar o seu cumprimento e a aplicación.

Neste sentido, o punto cuarto do anterior Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de marzo de 2020 xa prevé que, sempre que a evolución da situación epidemiolóxica así o aconselle, a Administración autonómica poderá permitir o restablecemento, a partir do 1 de xullo, das actividades que indica, nas condicións que previamente se establezan, entre as que se encontran as dos establecementos de lecer nocturno e as festas, verbenas e outros eventos populares e atraccións de feiras.

De igual modo, o establecido no presente acordo respecto das medidas con efectos a partir do 1 de xullo debe entenderse en todo caso subordinado á evolución da situación epidemiolóxica, polo que a aplicación destas medidas podería demorarse se a situación non fose a adecuada, logo da correspondente valoración e decisión das autoridades sanitarias da Administración autonómica.

Podes consultar o Texto íntegro do Acordo

Temas:Administración pública, Administración local, Emerxencias e seguridade
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido