Ficha biblioteca

Nova A Deputación da Coruña destina 10 millóns de euros para un PEL especial de apoio ás PEMES e autónomos da provincia da Coruña
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación29/06/2020 FonteDeputación da Coruña
Taxonomía
TemasAdministración local, Economía, empresa e emprego Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Empresas OrganizaciónsDeputación de A Coruña Ámbitos xeográficosA Coruña
Descrición O pleno dá luz verde por unanimidade os primeiros 41,2 millóns do Plan Único 2020, que inclúen a execución de 231 obras nos concellos da provincia e preto de 4 millóns de euros para gastos sociais derivados da Covid19
Detalles contido
A Deputación da Coruña destina 10 millóns de euros para un PEL especial de apoio ás PEMES e autónomos da provincia da Coruña O pleno dá luz verde por unanimidade os primeiros 41,2 millóns do Plan Único 2020, que inclúen a execución de 231 obras nos concellos da provincia e preto de 4 millóns de euros para gastos sociais derivados da Covid19
29/06/2020|Deputación da Coruña

Entre as medidas que se financiarán con estes fondos destaca unha nova liña especial do PEL, dotada con 10 millóns de euros, para apoiar as pequenas empresas e autónomos da provincia da Coruña especialmente afectados pola pandemia.

"Trátase dun programa ambicioso, dotado con 10 millóns de euros, que na práctica supón duplicar o orzamento anual do PEL. é unha resposta excepcional a unha crise excepcional", afirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que anunciou que o goberno provincial traballa xa nas bases do programa se desenvolverá en estreita colaboración cos concellos da provincia para amortecer as consecuencias económicas que a crise ten para as pequenas empresas e autónomos da nosa provincia.

"Poderíamos parapetarnos en que a Deputación non ten competencias en materia de apoio ao tecido empresarial, pero os 83.000 autónomos desta provincia non o entenderían", afirmou o presidente, que lembrou que " co respaldo de todas as forzas políticas, esta Corporación vén facendo unha aposta moi potente e transversal polo emprego e dinamización económica".

"Pasamos dos 1,3 millóns de euros que había para emprego cando chegamos ao Goberno en 2015 aos 20 millóns que investiremos 2020", apuntou González Formoso, que lembrou que a Xunta destinará a un programa similar 16 millóns para toda Galicia.

O modificativo de créditos aprobado hoxe contempla tamén unha importante inxección económica extraordinaria de 8.700.000 euros para o Plan único (POS+2020), que suma xa 66,2 millóns aprobados este ano para financiar servizos básicos municipais ou obras financeiramente sostibles, contribuíndo así a reactivar a economía e o emprego.

Como principal novidade, os concellos poden destinar este ano parte dos fondos do POS+2020 (4 millóns de euros) a financiar gastos sociais extraordinarios derivados da Covid19. Compra de EPIs e potenciación dos servizos de Axuda no Fogar son os principais destinos destes fondos.

Dentro dos 21 millóns aprobados hoxe, inclúense tamén 160.000 euros para dotar de material como equipos de comunicación e vehículos ás agrupacións de Protección Civil, que tiveron un papel fundamental durante a pandemia e 60.000 euros para un convenio de colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas, que veu notablemente incrementada a súa actividade social durante o estado de alarma.

A Deputación da Coruña levou a cabo durante os últimos meses unha reestruturación dos orzamentos 2020 para adecualos ás necesidades actuais da provincia, priorizando os investimentos destinados a crear emprego, reforzar os servizos sociais e reactivar as economías municipais tras a crise da Covid19.

Parte dos fondos para financiar estas medidas urxentes proveñen da reasignación das partidas programadas nos orzamentos 2020 da Deputación pero que este ano non puideron ou non van a poder ser executadas a causa das restricións provocadas polo coronavirus: eventos de promoción turística en feiras no estranxeiro, campionatos deportivos que foron suspendidos ou aprazados, grandes festivais musicais ou eventos coma a Mostra de Encaixe de Camariñas, que este ano non puido celebrarse por primeira vez en tres décadas.

Luz verde ás primeiras 231 obras do POS+2020

Temas:Administración local, Economía, empresa e emprego
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Empresas
Organizacións:Deputación de A Coruña
Ámbitos xeográficos:A Coruña
Valorar:
Compartir contido