Ficha biblioteca

Nova EU♥UE: Conexión Europa 4.0”, obradoiros en liña para achegar á mocidade da provincia as oportunidades da UE
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación24/07/2020 FonteDeputación da Coruña
Taxonomía
TemasAdministración pública, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de A Coruña Ámbitos xeográficosA Coruña
Imaxe do contido
Descrición Conexión en liña para coñecer os programas de mobilidade europea, compartir experiencias con voluntarios europeos, aprender a detectar bulos nas redes sociais e debater sobre o futuro de Europa
Detalles contido
EU♥UE: Conexión Europa 4.0”, obradoiros en liña para achegar á mocidade da provincia as oportunidades da UE Conexión en liña para coñecer os programas de mobilidade europea, compartir experiencias con voluntarios europeos, aprender a detectar bulos nas redes sociais e debater sobre o futuro de Europa
24/07/2020|Deputación da Coruña

O centro Europe Direct A Coruña, pertencente á Deputación, organiza "Conexión Europa 4.0", unha acción de dinamización en liña dirixida á mocidade da provincia que xa conta coa colaboración dos concellos de Abegondo, Arzúa, Camariñas, A Coruña, Curtis, Dodro, Dumbría, Mugardos, Oroso, Pontedeume, Santa Comba e Vimianzo. "Conexión Europa 4.0" está aberta á participación mozos e mozas de 16 a 25 anos.

"EU♥UE Conexión Europa 4.0" será un espazo en liña de información e formación, onde a mocidade poderá coñecer as oportunidades de mobilidade que ten ao seu alcance na Unión Europea. Ademáis de información sobre os recursos dispoñibles, coñecerán casos reais de entidades galegas que están participando activamente en proxectos de mobilidade europea, dos que a mocidade pode ser partícipe.

"EU♥UE Conexión Europa" será tamén un espazo para a participación e o debate sobre cuestións actuais da axenda europea, como as fronteiras ou a desinformación, poñendo sobre a mesa o papel que a mocidade pode representar na construcción do espazo público europeo.

"EU♥UE Conexión Europa" desenvolverase do 27 ao 31 de xullo en horario de 11:00 a 12:00 e en formato integramente dixital.

Toda a información está dispoñible en www.dacoruna.gal/europedirect. Contacta con europedirect@dacoruna.gal e conéctate a Europa.

Temas:Administración pública, Ensino e formación
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de A Coruña
Ámbitos xeográficos:A Coruña
Valorar:
Compartir contido