Ficha biblioteca

Nova Publicadas as bases reguladoras das subvencións a entidades locais de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico e para a mellora das coleccións bibliográficas
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación31/07/2020 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local, Bibliotecas, Rede de bibliotecas de Galicia Tipo de contidoNovas ColectivosEntidades locais OrganizaciónsCultura, Educación e Ordenación Universitaria Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións dirixidas ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
Detalles contido
Publicadas as bases reguladoras das subvencións a entidades locais de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico e para a mellora das coleccións bibliográficas Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións dirixidas ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
31/07/2020|DOG

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións todas as entidades locais de Galicia que:

a) Sexan titulares de bibliotecas ou axencias de lectura públicas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

b) Estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

c) Teñan cumprido o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

2. Tamén poderá ser beneficiaria destas axudas a agrupación de concellos para a prestación de servizos bibliotecarios comúns. A dita agrupación deberá estar debidamente acreditada e os concellos integrantes da agrupación deberán cumprir, individualmente, os requisitos establecidos na presente orde.

3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas entidades locais que se atopen nalgún dos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Segundo. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións dirixidas ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (código de procedemento CT235A).

2. Nesta orde regúlanse os seguintes dous programas de subvencións:

Programa A .Subvencións para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico.

Programa B. Subvencións para a mellora das coleccións bibliográficas.

3. Así mesmo, ten por obxecto convocar estas subvencións para o ano 2020.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 21 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención a entidades locais de Galicia para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico e para a mellora das coleccións bibliográficas, con destino ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, e se procede á súa convocatoria de carácter extraordinario para o ano 2020 (código de procedemento CT235A).

Cuarto. Importe

Programa A. Subvencións para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico.

Estas axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 11.20.432A.760.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, por un importe de 100.000 euros.

Programa B. Subvencións para a mellora das coleccións bibliográficas.

Estas axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 11.20.432A.760.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, por un importe de 200.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes. En todo caso, sempre estarán excluídos do cómputo os sábados, os domingos e os declarados festivos.

Para mais información prema na seguinte ligazón:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200731/AnuncioG0425-230720-0001_gl.html

Temas:Administración local, Bibliotecas, Rede de bibliotecas de Galicia
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido