Ficha biblioteca

Nova A comisión de Economía aborda o orzamento xeral da Deputación de Ourense para 2021
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación16/09/2020 FonteDeputación de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración local, Economía galega Tipo de contidoNovas, Orzamentos ColectivosEntidades locais OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Imaxe do contido
Descrición As comisións informativas da Deputación de Ourense correspondentes ao mes de setembro celebran hoxe e mañá as súas reunións no Pazo Provincial.
Detalles contido
A comisión de Economía aborda o orzamento xeral da Deputación de Ourense para 2021 As comisións informativas da Deputación de Ourense correspondentes ao mes de setembro celebran hoxe e mañá as súas reunións no Pazo Provincial.
16/09/2020|Deputación de Ourense

Na de Contas, Facenda e Economía abórdase a aprobación inicial do orzamento xeral da Deputación para 2021, previsto nun total de 79,7 millóns de euros. Entre outros asuntos que se tratarán nesta comisión figura tamén a dación de conta dos acordos da xunta de goberno referidos a: establecemento de nova tarifa temporal pola prestación de servizos e a realización de actividades no Pazo dos Deportes Paco Paz; a programación da Escola de Artes e Oficios para o curso académico 2020-2021; a programación e oferta de prazas, para o curso 2020-2021, da Escola Provincial de Gaitas e da Real Banda de Gaitas de Ourense, e a Programación do curso 2020-2021 e a fixación de prezos para as actividades do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo-Escola de Danza.

Na comisión informativa de Transparencia e Administración Provincial tratarase a ratificación da resolución da Presidencia n.º 2020/10888 de personamento no recurso interposto por Canteras Villamartín contra da resolución do Consello da Xunta de Galicia de desestimar o recurso interposto por esta empresa contra á aprobación do proxecto de trazado promovido pola Deputación de Ourense.

A comisión informativa de Cooperación tratará a delegación do concello de Nogueira de Ramuín na Deputación de Ourense da competencia para a tramitación do expediente de contratación da concesión de servizos de explotación do embarcadoiro e edificio de recepción de visitantes no encoro de Santo Estevo; e tamén abordará as bases reguladoras do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial para o exercicio 2021.

Finalmente, a comisión de Cultura, Deportes e Mocidade abordará o nomeamento do xurado para a XVII edición do Premio "Pura e Dora Vázquez" de Narración e Ilustración de Literatura Infantil e Xuvenil; o outorgamento do título de Fillo Adoptivo da Provincia de Ourense a don Manuel García de Buciños Vázquez, e o regulamento de utilización e funcionamento do Pazo dos Deportes "Paco Paz".

Temas:Administración local, Economía galega
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido