Ficha biblioteca

Evento Curso de Contabilidade Pública Local: Operacións Fin de Exercicio, Activos e Operacións non Orzamentarias
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación04/01/2021 FonteBOP de Ourense
Taxonomía
TemasEconomía, empresa e emprego Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEmpregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Descrición Este curso ten como obxectivo actualizar os coñecementos do persoal ao servizxo das corporacións locais en materia de contabilidade pública para que sexan capaces de desenvolver o seu traballo neste ámbito dun modo óptimo.
Detalles contido
LugarEn liña OrganizadorDeputación de ourense Datas
DíaHora inicioHora fin
01/03/2021 9:00 15:00
23/03/2021 9:00 15:00
Evento

“Curso de Contabilidade Pública Local: Operacións Fin deExercicio, Activos e Operacións non Orzamentarias”

1.- Persoas destinatarias.

  • Traballadores/as da Administración local, dos subgrupos C1e C2 que realicen as súas tarefas profesionais nas áreas de intervención, tesouraría e xestión tributaria.
  •  Persoal técnico e administrativo, en xeral, das Corporacións locais que realice no seu traballo tarefas de xestión contable, económica ou financeira.

2.- Desenvolvemento.

2.1.- Modalidade da acción formativa: teleformación.

2.2.- Duración: 20 horas.

2.3.- Datas de realización: de 1 de marzo a 23 de mazo de 2021

2.4.- Prazas: 20 participantes

2.5.- Número de edicións: unha.

3.- Obxectivos. 

  • Actualizar os coñecementos do persoal ao servizo das corpo-racións locais en materia de contabilidade pública para quesexan capaces de desenvolver o seu traballo neste ámbito dunmodo óptimo.
  • Incidir na rendición de contas anuais, tanto na liquidación do orzamento como na rendición da conta xeral.
  • Actualizar os coñecementos dos/as participantes relacionados coa amortización do inmobilizado e cos gastos financeirosnon orzamentarios.
  • Coñecer as distintas operacións contables diarias, especialmente as relativas a gastos e ingresos dunha entidade local; así como as operacións non orzamentarias e o peche de exercicio.
Temas:Economía, empresa e emprego
Colectivos:Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido