Ficha biblioteca


Datos do programa
- Denominación: Programa de socorrismo dirixido a concellos do interior da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes durante o exercicio 2021
- Referencia: FO023B
- Aplicación orzamentaria: 0510/3412/46201
- Importe total do crédito consignado: 306.000€
- Importe do orzamento de gastos da actividade: Máximo 10.000 €, mínimo 2.500 €
- Importe da subvención a conceder: Máximo 10.000 €, mínimo 2.500 €
- Coeficiente de financiamento 1
Obxecto
O obxecto desta convocatoria é establecer as normas para a solicitude, a concesión, a xustificación e o pagamento das subvencións en réxime de concorrencia competitiva que conceda a Deputación da Coruña, destinadas a apoiar aos concellos do interior da provincia de menos de 50.000 habitantes no sostemento dos gastos da contratación de socorristas, directamente ou mediante a externalización do servizo, nas piscinas municipais e praias fluviais durante o ano 2021 por un prazo máximo de 3 meses, considerándose gastos subvencionables os seguintes:
Conta Descrición da conta, segundo o Plan Xeral de Contabilidade
- 623 Contratacións externas
- 640 Soldos e salarios
- 642 Seguridade social a cargo da entidade
Deberá observarse o establecido na Orde HAP/1781/2013, do 20 de setembro, pola que se aproba a Instrución do modelo normal de contabilidade local e Orde HAP/1782/2013, do 20 de setembro pola que se aproba a Instrución do modelo simplificado de contabilidade local e se modifica a Instrución do modelo básico de contabilidade local aprobado por Orde HAEHA/4040/2004, do 20 de novembro.
A contratación do persoal previsto nestas bases está sometida as condicións e límites recollidos na normativa de xeral aplicación ás entidades locais. Co obxecto de evitar o encadeamento de contratos laborais de duración determinada que poidan contribuír a manter a situación dun posible incumprimento das normas laboráis de xeral aplicación, a contratación do persoal non poderá, en ningún caso, implicar a non aplicación da dita normativa invocando a acción de fomento doutras Administracións Públicas.
Entidades solicitantes. Requisitos e obrigas das entidades locais
Só se pode presentar unha única solicitude por concello. Este debe pertencer ao interior da provincia da Coruña, ter menos de 50.000 habitantes e posuír piscinas municipais ou praias fluviais. Asemade, no momento de presentaren a solicitude, deben cumprir os requisitos dos seguintes apartados:
- Pertenceren á administración local da provincia da Coruña.
- Tendo en conta que a tramitación será telemática: A entidade deberá dispoñer dun enderezo de correo electrónico que non poderá variar ao longo de toda a tramitación do expediente, xa que as comunicacións se dirixirán a ese enderezo. Excepcionalmente poderase modificar o enderezo oficial, de forma xustificada, coa obriga de notificar a dita circunstancia á Deputación. Deberán dispoñer de certificado dixital:
- A alcaldía ou concellería en que delegue.
- A persoa que ocupe a secretaría.
- Estaren ao corrente das súas obrigas coa Facenda pública, coa Deputación e coa Tesourería da Seguridade Social.
- Teren aprobada a última conta xeral que legalmente sexa exixible e presentada perante os órganos de control externo.
- Faceren constar a colaboración da Deputación da Coruña en toda a información (impresa, informática, de redes sociais ou audiovisual) que fixeran das actividades ou investimentos subvencionados, tamén na súa páxina web.
- Someterse, na súa condición de quen subscribe a conta, aos procedementos de control que poidan realizar o Consello de Contas de Galicia, o Tribunal de Contas ou calquera outro órgano de control interno ou externo, nacional ou europeo. Como resultado dos ditos procedementos poderáselles esixir responsabilidade administrativa, consonte co disposto na Lei 38/2003, xeral de subvencións, e, no seu caso, responsabilidade penal, de conformidade co Código penal.
Solicitude
- Prazo de presentación
As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTeL). A presentación telemática producirá plenos efectos xurídicos, sempre que a solicitude sexa presentada dentro do prazo establecido e na plataforma citada. Non se terán por presentadas as solicitudes que se acheguen noutros rexistros.
O prazo de presentación de solicitudes determinarase no anuncio de publicación da convocatoria do presente programa no BOP, a través do Sistema Nacional de Publicación de Subvencións