Ficha biblioteca

BDNS(Identif.):549951
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/549951)
1. Entidades beneficiarias
Os concellos da provincia de Pontevedra de máis de 5.000 habitantes e de ata un máximo de 50.000 habitantes ou ben as agrupacións de concellos, mancomunidades ou entidades locais menores da provincia que, entre elas, cheguen a esa cifra mínima.
2. Obxecto
Axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a crear, manter e reforzar os servizos de normalización lingüística dos concellos e outras entidades locais da provincia no período que abrangue do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2021.
3.Bases reguladoras
4. Contía
200.000euros.
5. Prazo de presentación
O prazo para a presentación de solicitudes empezará a partir do día seguinte ao da publicación daconvocatoria e o seu extracto no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) e rematará o12de marzo de 2021.
6. Outros datos de interese
— Solicitudes e documentación: as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal)
— Gastos subvencionables: os recollidos na base quinta da convocatoria
— Compatibilidade: si
— Forma de pagamento: transferencia bancaria
— Forma de xustificación: mediante a documentación requirida na base décimo cuarta da convocatoria
— Prazo máximo para a presentación da documentación xustificativa: ata o 28 de febreiro de 2022.