Ficha biblioteca

Nova Convocatoria do proceso selectivo unitario para a provisión de postos de auxiliares de policía local nos concellos
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación08/04/2021 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local, Emprego, Emerxencias e seguridade Tipo de contidoNovas, Procedementos, Concurso/oposición ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición O obxecto desta convocatoria e a provisión, mediante contrato laboral temporal, de 104 postos de auxiliares de policía local en 27 concellos e a creación da listaxe de colaboración para a súa contratación
Detalles contido
Convocatoria do proceso selectivo unitario para a provisión de postos de auxiliares de policía local nos concellos O obxecto desta convocatoria e a provisión, mediante contrato laboral temporal, de 104 postos de auxiliares de policía local en 27 concellos e a creación da listaxe de colaboración para a súa contratación
08/04/2021|DOG
1. Obxecto da convocatoria.

O obxecto desta convocatoria e a provisión, mediante contrato laboral temporal, de 104 postos de auxiliares de policía local dos concellos que a continuación se enumeran e a creación da listaxe de colaboración para a súa contratación.

Concello

Número de postos

A Cañiza

1

A Estrada

4

A Guarda

2

A Laracha

3

Bergondo

2

Betanzos

3

Cabanas

2

Cambados

2

Cangas

4

O Carballiño

4

Cedeira

2

Fene

3

Gondomar

4

Malpica de Bergantiños

2

Meaño

1

Miño

2

Mugardos

1

Noia

3

O Barco de Valdeorras

2

O Grove

8

Ortigueira

2

Poio

4

Salceda de Caselas

1

Sanxenxo

30

Tomiño

2

Vilagarcía de Arousa

8

Vilanova de Arousa

2

Total

104

O código do procedemento regulado nesta orde é PR461A.

2. Requisitos das persoas aspirantes.

  • Ser español ou nacional dun estado membro da Unión Europea, nos termos previstos no artigo 57 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público aprobado a través do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto.
  • Ter cumpridos os dezaoito anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima establecida no artigo 53.1.c) do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.
  • Non ter sido condenado/a por delito doloso nin separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
  • Será aplicable, non entanto, beneficio da rehabilitación conforme as normas penais e administrativas, que o/a aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial.
  • Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente ou en condicións de obtelo na data en que termine o prazo de presentación de instancias.
  • No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar a súa homologación.
  • Ter unha estatura mínima de 1,65 metros no caso dos homes e 1,60 metros no caso das mulleres.
  • Todos os requisitos anteriores deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes er mantelos durante o procedemento de selección, contratación e/ou permanencia na listaxe de reserva.

3. Solicitudes.

3.1. Forma e prazo de presentación.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e que é o anexo I desta orde.

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3.2. Taxas.

3.2.1. Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de setembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar neste proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 26,46 euros e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación modelo A (taxas) ou AI (taxas e prezos) dispoñible nas oficinas de asistencia en materia de rexistros da Xunta de Galicia e na páxina web da Axencia Tributaria de Galicia (www.atriga.gal).

A non presentación deste impreso de autoliquidación, no cal debe figurar a data e o selo da entidade bancaria, co formulario de solicitude no proceso selectivo determinará a exclusión no dito proceso da persoa aspirante.

Poderase tamén realizar o pagamento pola internet nas entidades financeiras autorizadas. Para isto, deberán acceder á oficina tributaria, a través da páxina web da Axencia Tributaria de Galicia (www.atriga.gal). Neste suposto, unha vez efectuado o pagamento, imprimirase o xustificante de aboamento da taxa (modelo 730), que será o que se presente coa solicitude.

Tanto no caso do pagamento presencial como no do pagamento pola internet, os códigos que se deben encher son os seguintes:

Consellería: Presidencia, Xustiza e Turismo

Código 04

Delegación: Pontevedra

Código 40

Servizo: Academia Galega de Seguridade Pública

Código 19

Taxa: denominación: inscrición nos procesos selectivos para a selección de persoal auxiliar de policía local

Codigo 30.03.04

En ambos os supostos, a presentación do xustificante do aboamento das taxas non suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso selectivo.

Proceso selectivo.

O procedemento de selección será o de oposición por quenda libre e posteriormente as persoas que superen este proceso selectivo serán contratadas en réxime laboral temporal nos respectivos concellos ou formarán parte da listaxe de reserva.

Convocatoria completa

Temas:Administración local, Emprego, Emerxencias e seguridade
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido