Ficha biblioteca

Nova pasaXe!: Dispoñibles tres novos servizos de interoperabilidade na plataforma de interoperabilidadepasaXe!
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación21/04/2021 FonteAmtega
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración dixital, Intercambio de información entre administracións Tipo de contidoNovas, Servizos, Ferramentas TIC ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsAdministración Xeral do Estado , Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición As Entidades Locais de Galicia, a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia,pasaXe!, teñen a súa disposición tres novos servizos para a consulta de datos de dous cedentes: ➢Dirección Xeral de Tráfico: Consulta de datos do titular dun vehículo por parte do titular dunha vía ➢Tesourería Xeral da Seguridade Social: Consulta de Vida laboral dos últimos 5 anos e a Consulta dos números de afiliación á Seguridade Social
Detalles contido
pasaXe!: Dispoñibles tres novos servizos de interoperabilidade na plataforma de interoperabilidadepasaXe! As Entidades Locais de Galicia, a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia,pasaXe!, teñen a súa disposición tres novos servizos para a consulta de datos de dous cedentes: ➢Dirección Xeral de Tráfico: Consulta de datos do titular dun vehículo por parte do titular dunha vía ➢Tesourería Xeral da Seguridade Social: Consulta de Vida laboral dos últimos 5 anos e a Consulta dos números de afiliación á Seguridade Social
20/04/2021|Amtega

As Entidades Locais de Galicia, a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia,pasaXe!, teñen a súa disposición tres novos servizos para a consulta de datos de dous cedentes:

Dirección Xeral de Tráfico

  • Consulta de datos do titular dun vehículo por parte do titular dunha vía

Tesourería Xeral da Seguridade Social

  • Consulta de Vida laboral dos últimos 5 anos
  • Consulta dos números de afiliación á Seguridade Social

 

A interoperabilidade é a capacidade dos sistemas de información, e polo tanto dos procedementos aos que estes dan soporte, de compartir datos e posibilitar o intercambio de información e coñecemento entre eles. Mediante a interoperabilidade a Xunta de Galicia trata de garantir á cidadanía o seu dereito a relacionarse con ela por medios electrónicos sen ter que presentar os documentos que poidan ser consultados por conexións informáticas ou xerados pola propia Administración autonómica.

A través do portal de interoperabilidade pasaXe! as Entidades Locais de Galicia poden consultar 71 servizos de interoperabilidade. Son servizos nos que os datos son cedidos por entidades como a propia Xunta de Galicia, o Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, o Ministerio de Educación, o Ministeriode Facenda e Administracións Públicas, o Ministerio de Xustiza, a AEAT, a D. X. da Polícía, a D. X. do Catastro, D.X. de Tráfico o Imserso, o INSS, o INE, o IGAE, a DGOJ o CRUE, o Muface, o SEPE, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e o Instituto Cervantes.

Na ficha do servizo de Eido Local, nesta ligazón, pode consultar a lista actualizada de servizos de interoperabilidade dispoñibles. Co obxectivo de facilitar o proceso de habilitación de servizos de interoperabilidade, está dispoñible no portal Eido Local unha guía de usuario e os documentos necesarios para realizar o proceso de habilitacióndo servizo que podes consultar nesta ligazon.

Temas:Administración pública, Administración dixital, Intercambio de información entre administracións
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Administración Xeral do Estado , Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido