Ficha biblioteca

Evento Xornadas de formación práctica dixital (e-martes); Notificacións electrónicas
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación05/05/2021 FonteEgap
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración dixital Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición A EGAP convoca dúas xornadas de formación práctica dixital (e-martes) os días 4 e 18 de maio coa finalidade de finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica
Detalles contido
LugarEgap Santiago OrganizadorEGAP Datas
DíaHora inicioHora fin
18/05/2021 10:00 18:00
Evento

Contidos

  • Notificacións electrónicas. Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal
  • Identificación dixital (certificados dixitais e Chave).
  • Sede electrónica.

A formación será impartida nunha primeira parte teórica e común aos dous grupos de persoas destinatarias e nunha posterior parte práctica adaptada a cada grupo nas aulas de informática da escola.

Persoas destinatarias:

  • O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
  • A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Datas: os martes 4 e 18 de maio
Horario: mañá e tarde
Duración: 6 horas lectivas cada xornada
Número de prazas:

  • Persoal empregado público: 16.
  • Cidadanía: 13.

Inscrición: 

  • Para a xornada do 4 de maio: desde as 8 horas do 21 de abril ata as 23.55 horas do día 26 de abril 
  • Para a xornada do 18 de maio: desde as 8 horas do 21 de abril ata as 23.55 horas do día 10 de maio 

Matrícula

Resolución DOG

 

Temas:Administración pública, Administración dixital
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido