Ficha biblioteca

Nova Resolución de adxudicación aos concellos da provincia dos espectáculos correspondentes ao programa Rede Cultural 2021
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación04/05/2021 FonteBop de Coruña
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Artes escénicas, Espectáculos, Lecer, Música Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais OrganizaciónsDeputación de A Coruña Ámbitos xeográficosA Coruña
Descrición Coa Rede Cultural conéctase o ámbito municipal cos creadores e creadoras e axudamos á existencia dunha boa oferta cultural en todos os concellos, a través do apoio ao financiamento e desenvolvemento de catro programas específicos: Escenas ao vivo, Visións, Alicerce e Lingua a escena.
Detalles contido
Resolución de adxudicación aos concellos da provincia dos espectáculos correspondentes ao programa Rede Cultural 2021 Coa Rede Cultural conéctase o ámbito municipal cos creadores e creadoras e axudamos á existencia dunha boa oferta cultural en todos os concellos, a través do apoio ao financiamento e desenvolvemento de catro programas específicos: Escenas ao vivo, Visións, Alicerce e Lingua a escena.
04/05/2021|Bop de Coruña

1.-Adxudicacións por concello

Importe total a aboar pola Deputación: 1.551.240,01 €

A totalidade das solicitudes referidas neste informe foron presentadas dentro do prazo establecido na convocatoria e cumpren os requisitos establecidos nela, atendendo ás declaracións e documentación solicitada. Os importes que figuran na presente proposta son as porcentaxes que corresponden a cada concello en relación cos cachés sinalados polas entidades titulares dos artistas e que figuran na resolución da presidencia nº 12770, do 31/03/2021 (modificada pola resolución nº 15041, de 16/04/2021), pola que se aproba a admisión dos espectáculos inscritos na Rede Cultural da Deputación da Coruña do ano 2021.

2.- Imputar o gasto sinalado á partida 0612/3343/22609, documento contable A, número de operación 220210005063 do vixente orzamento, por un importe de 1.551.240,01 €, conforme ao seguinte desglose:

– RC-A2C/2021 – Expediente 2021000016678 - 1.301.906,23 €

– RC-CC/2021 – Expediente 2021000016680 - 249.333,78 € 3.

3- Publicar a presente resolución no BOP, co que se entenderá notificada aos interesados, de acordo co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Esta resolución tamén se publicará na páxina web da Deputación.

4.- Aprobar a subscrición dos convenios correspondentes aos espectáculos sinalados.

 

Temas:Administración pública, Administración local, Artes escénicas, Espectáculos, Lecer, Música
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Deputación de A Coruña
Ámbitos xeográficos:A Coruña
Valorar:
Compartir contido