Ficha biblioteca

Evento Curso básico de auxiliares de policía local
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación08/06/2021 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Ensino e formación, Emerxencias e seguridade Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Este curso ten por obxecto dotar aos auxiliares de policía local dunha formación teórico-práctica que os capacite para o posterior desempeño da súa función como auxiliares temporais dos corpos de policía local
Detalles contido
LugarAcademia Galega de Seguridade Pública OrganizadorAGASP Datas
DíaHora inicioHora fin
11/06/2021 10:00 14:00
11/06/2021 15:30 20:30
12/06/2021 10:00 14:00
12/06/2021 15:30 20:30
13/06/2021 10:00 14:00
13/06/2021 15:30 20:30
16/06/2021 10:00 14:00
16/06/2021 15:30 20:30
17/06/2021 10:00 14:00
17/06/2021 15:30 20:30
18/06/2021 10:00 14:00
18/06/2021 15:30 20:30
Evento

Resolución do 14 de maio de 2021 pola que se convocan catro edicións do curso básico de auxiliares de policía local.

1. Datos da actividade.

Denominación: básico de auxiliares de policía local.

Tipo: curso.

Horas lectivas: 24.

Modalidade: presencial.

Obxectivos: dotar os auxiliares de policía local dunha formación teórico-práctica que os capacite para o posterior desempeño da súa función como auxiliares temporais dos corpos de policía local.

Contido:

– Intervención policial.

– Tráfico e seguridade viaria.

– Policía administrativa.

– Primeiros auxilios.

– Aplicacións policiais básicas do dereito penal e procesual-penal.

– Relacións co cidadán.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as:

– Persoal seleccionado e proposto polos concellos que puidera prestar servizo como auxiliar de policía local de forma temporal, de acordo co previsto nos artigos 47 a 48 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.

– Persoal seleccionado dentro do proceso selectivo unitario que desenvolve a Agasp dentro dos convenios asinados cos concellos.

– Persoal integrante da lista de contratación creada ao abeiro dos procesos selectivos unitarios dos anos precedentes e que o curso realizado fose anterior ao ano 2018.

Para estes efectos, como se recolle no artigo 48.2 do citado decreto, non terán a obriga de facer o curso as persoas que o superaran nos últimos 4 anos, é dicir, a partir do ano 2018.

Prazas ofertadas: 50 prazas por edición.

3. Solicitudes de participación.

Prazo de inscrición e presentación: o prazo para de inscrición e presentación de solicitudes de participación comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Os concellos que se atopen nesta situación deberán remitir un escrito asinado polo/a alcalde/sa á Academia Galega de Seguridade Pública (avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada (fax 886 20 61 22), en que figure a lista de persoas seleccionadas segundo o artigo 47 do Decreto 243/2008, para efectuar a correspondente reserva de praza para a realización do devandito curso.

Listaxe de solicitudes seleccionadas: antes do comezo de cada edición do curso básico publicará no sitio web http://agasp.xunta.gal o persoal admitido para a súa realización.

4. Desenvolvemento da actividade.

Presentación: as persoas admitidas a este curso deberán presentarse ás 10.00 horas do día que comece o curso.

Lugar: Academia Galega de Seguridade Pública.

Horario lectivo: das 10.00 ás 14.00 e das 15.30 ás 20.30 horas.

Datas:

  • 1ª edición: 4, 5 e 6 de xuño de 2021.
  • 2ª edición: 8, 9 e 10 de xuño de 2021.
  • 3ª edición: 11, 12 e 13 de xuño de 2021.
  • 4ª edición: 16, 17 e 18 de xuño de 2021.
Temas:Administración pública, Administración local, Ensino e formación, Emerxencias e seguridade
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido