Ficha biblioteca

Evento Xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro electrónico na Xunta de Galicia
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación02/06/2021 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración dixital Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica
Detalles contido
LugarEgap Santiago OrganizadorEGAP Datas
DíaHora inicioHora fin
15/06/2021 10:00 14:00
15/06/2021 16:00 18:00
Evento

Resolución do 19 de maio de 2021 pola que se convocan, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro electrónico na Xunta de Galicia.

1. Obxectivos.

O Universo EGAP Innova é un proxecto multidisciplinar e transversal da Escola Galega de Administración Pública que se desenvolve co obxectivo principal de contribuír, a través de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, a autoxestión da aprendizaxe e a identificación de novas oportunidades, á innovación e ao cambio nas administracións públicas.

Ao abeiro desta iniciativa, os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.

2. Contidos.

As Xornadas de formación práctica dixital (E-martes) correspondentes ao mes de xuño estarán dedicadas ao Rexistro electrónico na Xunta de Galicia. Os seus contidos adaptaranse aos dous grupos de persoas destinatarias desta actividade; constarán dunha introdución xurídica, común aos dous grupos e titulada De rexistro a rexistro electrónico: pezas clave para a Administración electrónica, e unha posterior parte práctica, nas aulas de informática da escola, cos seguintes contidos específicos:

– Grupo de persoal empregado público: sede electrónica da Xunta de Galicia. Chave365. Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro: intranet (espazo dixital de referencia para o persoal da Administración autonómica), Aires (aplicación informática de rexistro de entradas e saídas), Rexel (Recepción electrónica do Sistema único de rexistro) e SIR. Copia auténtica e notificación por comparecencia.

– Grupo de cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Chave365. Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro: eServizos, servizos nas oficinas e Sistema de interconexión de rexistros (SIR).

3. Persoas destinatarias.

As persoas destinatarias destas actividades son:

– O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.

– A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.

4. Desenvolvemento.

  • Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
  • Datas: os martes 1 e 15 de xuño de 2021.
  • Horario: mañá e tarde.
  • Duración: 6 horas lectivas cada xornada.

5. Número de prazas.

• Persoal empregado público: 16.

• Cidadanía: 13.

O número de prazas convocadas vén determinado pola capacidade das aulas e é adaptado ás medidas de seguridade e hixiene previstas na normativa vixente para a prevención da COVID-19.

6. Inscrición.

1. A inscrición nestas actividades formativas só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. Antes de formalizar a súa inscrición nestas actividades todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo cos requisitos de selección establecidos no punto 3 desta convocatoria. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen («Administración autonómica», para o persoal empregado público da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais, ou «cidadanía», no caso de non ser persoal empregado público).

3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

4. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área na que están integradas estas actividades (Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa) e despois seleccionar en «nome do curso» a xornada na que desexen matricularse:

• Xornada E-martes de formación práctica dixital: Rexistro electrónico, 1 de xuño.

• Xornada E-martes de formación práctica dixital: Rexistro electrónico, 15 de xuño.

As persoas que resulten seleccionadas para a primeira xornada, no caso de ter solicitadas as dúas xornadas, serán excluídas da listaxe de persoas seleccionables á segunda xornada do mes, salvo renuncia recibida coa antelación prevista no punto 10 desta resolución.

5. Os prazos para a inscrición nestas actividades serán os seguintes:

• Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 1 de xuño: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 14.00 horas do día 28 de maio de 2021.

• Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 15 de xuño: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 14.00 horas do día 9 de xuño de 2021.

Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

 

Temas:Administración pública, Administración dixital
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido