Ficha biblioteca

Evento Curso monográfico Fondos europeos NextGenerationEU
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación08/06/2021 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEmpregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Neste curso monográfico explicarase o contexto dos novos fondos europeos NextGenerationEU (NG) e a súa incidencia na Administración da Xunta de Galicia nos vindeiros anos, comezando pola planificación dos fondos, que afecta tanto o actual período de programación, como o período 2021-2027.
Detalles contido
LugarEgap Santiago OrganizadorEGAP Datas
DíaHora inicioHora fin
17/06/2021 9:00 14:30
18/06/2021 9:00 14:30
Evento

Resolución do 7 de xuño de 2021 pola que se convoca o curso monográfico Fondos europeos NextGenerationEU.

Obxectivos

Neste curso monográfico explicarase o contexto dos novos fondos europeos NextGenerationEU (NG) e a súa incidencia na Administración da Xunta de Galicia nos vindeiros anos, comezando pola planificación dos fondos, que afecta tanto o actual período de programación, como o período 2021-2027.

A continuación, analizarase a integración dos fondos procedentes do paquete de Axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de Europa (REACT-UE) nos programas operativos Feder e FSE 2014-2020, con especial referencia ás novidades que implica para a xestión dos programas.

En terceiro lugar, abordaranse os recentes cambios normativos, tanto a nivel estatal como autonómico, que perseguen a axilización e simplificación da xestión dos fondos NG, tanto a través de procedementos de contratación pública ou encargos a medios propios como de concesión de subvencións.

Finalmente, trataranse cuestións relacionadas co control interno e externo das actuacións financiadas con fondos NG, incluíndo referencias a aspectos relacionados coas medidas antifraude.

Contidos

Neste curso monográfico abordaranse, entre outros, os seguintes contidos:

• A planificación dos fondos comunitarios do Plan de recuperación para Europa e o marco financeiro plurianual 2021-2027.

• Os fondos REACT-UE no programa operativo Feder 2014-2020.

• Os fondos REACT-UE no programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

• Medidas para axilizar a contratación pública financiada con fondos NG.

• Medidas estatais e autonómicas para a axilización interna e externa na xestión de axudas e subvencións publicas financiadas con fondos NG. Os procedementos de concorrencia non competitiva como procedemento ordinario neste tipo de subvencións. O papel da BDNS no control. Especial referencia ás novidades dos convenios de colaboración financiadas con fondos NG. Recomendacións de boa xestión.

• Novidades e potenciación da utilización de encomendas de xestión e encargos a medios propios como medida de cooperación na xestión dos fondos europeos NG. Por que e para que? Recomendacións para a boa xestión. Ideas forza sobre a figura dos Perte (proxectos estratéxicos para a recuperación e transformación económica).

• O control interno e a verificación de expedientes cofinanciados con REACT-UE desde o RC ata o pagamento final: incidencias máis comúns.

• A contribución do control externo na xestión dos fondos NG: proactividade, flash-audits e declaracións de fiabilidade na xestión de riscos. Os conflitos de intereses.

Persoas destinatarias

Persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia e dos seus entes instrumentais, que participen na xestión e/ou control de fondos europeos.

 Desenvolvemento

  • Data: 17 e 18 de xuño de 2021.
  • Modo de impartición: presencial.
  • Horario: 17 de xuño, en horario de mañá e tarde; e 18 de xuño, en horario de mañá.
  • Duración: 11 horas lectivas.
  •  Número de prazas:80.

 Inscrición

1. As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo . As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que está integrada esta actividade (Unión Europea: políticas públicas e procedemento comunitario) e despois seleccionar o nome do curso: Curso monográfico Fondos europeos NextGenerationEU.

3. O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 11 de xuño de 2021.

Temas:Administración pública, Ensino e formación
Colectivos:Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido