Ficha biblioteca

Nova Portal IOCOAG: Novo servizo de consulta e descarga de documentación de expedientes de obras visadas no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG)
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación09/07/2021 FonteAmtega
Taxonomía
TemasAdministración dixital, Territorio, vivenda e transporte, Infraestruturas, Urbanismo Tipo de contidoFerramentas TIC ColectivosEntidades locais OrganizaciónsModernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición As administracións públicas galegas, a través do sistema de interoperabilidade da Xunta de Galicia, poderán consultar e obter directamente dende o sistema de xestión do COAG unha copia en formato electrónico da documentación técnica e administrativa vinculada coa tramitación de licenzas e outras tramitacións urbanísticas, previa autorización dos técnicos autores e do administrado
Detalles contido
Portal IOCOAG: Novo servizo de consulta e descarga de documentación de expedientes de obras visadas no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) As administracións públicas galegas, a través do sistema de interoperabilidade da Xunta de Galicia, poderán consultar e obter directamente dende o sistema de xestión do COAG unha copia en formato electrónico da documentación técnica e administrativa vinculada coa tramitación de licenzas e outras tramitacións urbanísticas, previa autorización dos técnicos autores e do administrado
09/07/2021|Amtega

A Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia firmaron un convenio de colaboración que ten por obxecto establecer mecanismos de interoperabilidade entre o procedemento de tramitación telemática de traballos profesionais do Colexio de Arquitectos e os procedementos de tramitación de licenzas e outras tramitacións urbanísticas das diferentes administracións galegas.

Así as administracións públicas galegas, a través do sistema de interoperabilidade da Xunta de Galicia, poderán consultar e obter directamente dende o sistema de xestión do COAG unha copia en formato electrónico da documentación técnica e administrativa vinculada coa tramitación de licenzas e outras tramitacións urbanísticas, previa autorización dos técnicos autores e do administrado.

 

Isto supón beneficios en termos de:

  • simplificación administrativa, relativos ao medio ambiente e á transparencia na xestión

  • normalización da documentación técnica e administrativa

  • garantizar a identidade e habilitación dos técnicos redactores

A documentación á que se pode acceder deste xeito é a correspondente aos traballos profesionais definidos na “Guía de tramitación de traballos profesionais” do COAG, como: Obras (Edificacións, Ordinarias, Derrubas, Urbanización) e Outros traballos (Periciais, Informe de inspección técnica de edificios_ITE, Informe de Avaliación de Edificios (IAE), Certificado de eficiciencia enerxética, Avaliación de impacto ambiental_Actividades, Estudo de xestión de residuos, Estudo ou estudo básico de seguridade e saúde, Estudo xeotécnico, Memoria de actividade, Proxecto parcial).

No portal Eidolocal está dispoñible o Manual de usuario e o formulario de alta para o acceso a este servizo, que pode consultar nesta ligazón

Temas:Administración dixital, Territorio, vivenda e transporte, Infraestruturas, Urbanismo
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido