Ficha biblioteca

Nova pasaXe!: Dispoñible un novo servizo de interoperabilidade na plataforma de interoperabilidade pasaXe!
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación01/09/2021 FonteAmtega
Taxonomía
TemasAdministración dixital Tipo de contidoServizos, Ferramentas TIC ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición As Entidades Locais de Galicia, a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia, pasaXe!, teñen a súa disposición un novo servizo para a consulta de datos de profesións reguladas
Detalles contido
pasaXe!: Dispoñible un novo servizo de interoperabilidade na plataforma de interoperabilidade pasaXe! As Entidades Locais de Galicia, a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia, pasaXe!, teñen a súa disposición un novo servizo para a consulta de datos de profesións reguladas
31/08/2021|Amtega

As Entidades Locais de Galicia, a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia, pasaXe!, teñen a súa disposición un novo servizo para a consulta de datos de profesións reguladas:

  • Ministerio de educación
    • Consulta de profesións reguladas

A interoperabilidade é a capacidade dos sistemas de información, e polo tanto dos procedementos aos que estes dan soporte, de compartir datos e posibilitar o intercambio de información e coñecemento entre eles. Mediante a interoperabilidade a Xunta de Galicia trata de garantir á cidadanía o seu dereito a relacionarse con ela por medios electrónicos sen ter que presentar os documentos que poidan ser
consultados por conexións informáticas ou xerados pola propia Administración autonómica.


A través do portal de interoperabilidade pasaXe! as Entidades Locais de Galicia poden consultar 75 servizos de interoperabilidade. Son servizos nos que os datos son cedidos por entidades como a propia Xunta de Galicia, o Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, o Ministerio de Educación, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, o Ministerio de Xustiza, o Ministerio de Sanidade, a AEAT, a D.X. da Polícía, a D. X. do Catastro, D.X. de Tráfico o Imserso, o INSS, o INE, o IGAE, a DGOJ o CRUE, o Muface, o SEPE, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e o Instituto Cervantes. Na ficha do servizo de Eido Local, nesta ligazón, pode consultar a lista actualizada de servizos de interoperabilidade dispoñibles.


Co obxectivo de facilitar o proceso de habilitación de servizos de interoperabilidade, está dispoñible no portal Eido Local unha guía de usuario e os documentos necesarios para realizar o proceso de habilitación do servizo que podes consultar nesta ligazón.

Temas:Administración dixital
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido