Ficha biblioteca

Nova Resolución de novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas de interinos de habilitados nacionais
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación28/12/2021 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local Tipo de contidoNovas, Concurso/oposición ColectivosEntidades locais, Interventores/as, Secretarios/as, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL) Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O Diario Oficial de Galicia publica a relación das novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas para a provisión temporal mediante interinidade de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional nas entidades locais galegas
Detalles contido
Resolución de novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas de interinos de habilitados nacionais O Diario Oficial de Galicia publica a relación das novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas para a provisión temporal mediante interinidade de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional nas entidades locais galegas
27/12/2021|DOG

O Diario Oficial de Galicia publica a relación das novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas para a provisión temporal mediante interinidade de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional nas entidades locais galegas.

No enlace https://sede.xunta.gal/tramitar/PR410A pode consultarse a listaxe das 277 persoas integrantes das bolsas refundidas e actualizadas, de acordo coa seguinte desagregación: 128 persoas integrantes das listas correspondentes á subescala de Secretaría-Intervención; 69 persoas integrantes das listas correspondentes á subescala de Intervención-Tesourería e 80 persoas integrantes das listas correspondentes á subescala de Secretaría de entrada.

Neste mesmo enlace e no portal de servizos web Eidolocal publícase a relación de persoas declaradas aptas no curso práctico de formación realizado o pasado outubro na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). A formación rematou o pasado 30 de novembro e 106 aspirantes superaron o proceso selectivo -45 na subescala de Secretaría-Intervención, 30 na de Secretaría de entrada e 31 na de Intervención-Tesourería- .

Ademais, no enlace https://sede.xunta.gal/tramitar/PR410B pode consultarse a actualización de méritos das persoas que xa formaban parte das citadas listas de interinos tras a superación do correspondente proceso selectivo en anteriores convocatorias.

Temas:Administración pública, Administración local
Colectivos:Entidades locais, Interventores/as, Secretarios/as, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido