Ficha biblioteca

Evento Curso de portugués Básico Nivel A1.1
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación10/01/2022 FonteBOP de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Descrición Este curso ten por obxectivo formar os/as participantes na aprendizaxe e no uso a lingua portuguesa para que sexan capaces de trasladaren a aplicación dos coñecementos deste idioma aos seus postos de traballo
Detalles contido
LugarTelepresenza en Liña OrganizadorDeputación de Ourense Datas
DíaHora inicioHora fin
07/02/2022 17:00 19:00
09/02/2022 17:00 19:00
14/02/2022 17:00 19:00
16/02/2022 17:00 19:00
21/02/2022 17:00 19:00
23/02/2022 17:00 19:00
07/03/2022 17:00 19:00
09/03/2022 17:00 19:00
14/03/2022 17:00 19:00
16/03/2022 17:00 19:00
21/03/2022 17:00 19:00
23/03/2022 17:00 19:00
28/03/2022 17:00 19:00
30/03/2022 17:00 19:00
04/04/2022 17:00 19:00
06/04/2022 17:00 19:00
11/04/2022 17:00 19:00
13/04/2022 17:00 19:00
20/04/2022 17:00 19:00
25/04/2022 17:00 19:00
27/04/2022 17:00 19:00
02/05/2022 17:00 19:00
04/05/2022 17:00 19:00
09/05/2022 17:00 19:00
11/05/2022 17:00 19:00
Evento

Curso de portugués Básico para Persoal das Administracións Públicas. Nivel A1.1 1.

Persoas destinatarias

*Persoal ao servizo das corporacións locais con funcións técnicas ou administrativas e con postos que requiran a comprensión e manexo de termos básicos en lingua portuguesa.

*Persoal das entidades locais da provincia destinado en diferentes servizos con funcións de información e atención ao público.

2. Desenvolvemento

2.1. Modalidade da acción formativa: telepresenza en liña

2.2. Duración: 50 horas

2.3. Datas de realización: do 7 de febreiro ao 11 de maio do 2022

2.4. Datas das sesións de telepresenza: días 7, 9, 14, 16, 21 e 23 de febreiro, 7, 9, 14,16, 21, 23, 28 e 30 de marzo, 4, 6, 11, 18, 20, 25 e 27 de abril e 2, 4, 9 e 11 de maio do 2022

2.5. Horario das sesións de telepresenza: os luns e mércores, de 17.00 a 19.00 horas

2.6. Prazas: 35 participantes

2.7. Número de edicións: unha

3. Obxectivos

*Formar os/as participantes na aprendizaxe e no uso a lingua portuguesa para que sexan capaces de trasladaren a aplicación dos coñecementos deste idioma aos seus postos de traballo.

*Ensinarlles aos/ás empregados/as públicos/as a manexaren a lingua portuguesa nos procesos de comunicación oral e escrita xerados na actividade administrativa das corporacións locais no marco da Unión Europea.

*Desenvolver novas capacidades comunicativas e sensibilizar o persoal da Administración sobre a importancia do coñecemento doutras linguas para o traballo en certas áreas das entidades locais.

*Mellorar a preparación lingüística e a eficacia persoal dos/as traballadores/as da Administración local e potenciar a súa capacidade de comunicación e información.

*Ensinarlle ao alumnado un vocabulario a nivel intermedio en lingua portuguesa e iniciar a súa capacidade de expresión oral e escrita neste idioma para que sexan capaces de desenvolverse a nivel elemental.

4. Programa

Temas:Administración pública, Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido