Ficha biblioteca

Nova Convocatoria de axudas do Plan específico de acción comunitaria destinado asociacións de veciños, mulleres rurais e comunidades de augas
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación14/01/2022 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosAsociacións e ONGs, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL) Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición A Xunta incrementa ata os 3M€ as axudas ás asociacións de veciños, mulleres rurais e comunidades de augas para mellorar a calidade de vida veciñal
Detalles contido
Convocatoria de axudas do Plan específico de acción comunitaria destinado asociacións de veciños, mulleres rurais e comunidades de augas A Xunta incrementa ata os 3M€ as axudas ás asociacións de veciños, mulleres rurais e comunidades de augas para mellorar a calidade de vida veciñal
14/01/2022|DOG

Extracto da Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (código de procedemento PR487A).

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións convocadas as asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas debidamente inscritas no rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Segundo. Obxecto

Poderán ser obxecto de subvención os gastos ocasionados como consecuencia de investimentos realizados en inmobles de titularidade veciñal ou sobre os cales a entidade solicitante ten un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título, así como equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles orientados ao cumprimento dos fins da entidade, e as obras nas traídas de auga comunitarias.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínase crédito por un importe total de tres millóns de euros (3.000.000,00 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Temas:Administración pública, Administración local
Colectivos:Asociacións e ONGs, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido