Ficha biblioteca

Nova Convocatoria dos Cursos do Plan Agrupado de Formación continua da Deputación de Lugo para o ano 2022
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación13/05/2022 FonteBop de Lugo
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Ensino e formación, Ocupacional e continua Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Lugo Ámbitos xeográficosLugo
Descrición O persoal que desexe participar nestes cursos presentará cuberta, en todos os epígrafes que corresponda, a instancia segundo o modelo oficial publicado no BOP
Detalles contido
Convocatoria dos Cursos do Plan Agrupado de Formación continua da Deputación de Lugo para o ano 2022 O persoal que desexe participar nestes cursos presentará cuberta, en todos os epígrafes que corresponda, a instancia segundo o modelo oficial publicado no BOP
13/05/2022|Bop de Lugo

- Solicitudes

1. O persoal que desexe participar nestes cursos presentará cuberta, en todos os epígrafes que corresponda, a instancia segundo o modelo oficial publicado no BOP. Todos os campos deben ser cumprimentados. No caso dos cursos que se impartan dentro do horario laboral é obrigatoria a sinatura do superior/a xerárquico/a, alcalde/sa ou presidente/a así como o selo da entidade.

2. A falsidade ou ocultación dos datos esenciais para a selección dos/as aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado.

3. O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 20 DE MAIO DE 2022 áS 12:00 H. Todas aquelas instancias presentadas fora de prazo serán excluídas. Naquelas accións formativas que, unha vez finalizado o prazo, non se cubriran as prazas ofertadas, manterase aberto ata completarse estas, quedando pechado o devandito prazo cinco días hábiles antes do comezo do curso.

4. A documentación dirixirase ao Sr. Presidente da Deputación de Lugo, área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento por: - Presentación directa: No Rexistro Xeral da Deputación de Lugo.

- Correo electrónico: formacion@deputacionlugo.org

- E demáis lugares de conformidade co artigo. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

- Acceso e participación nas accións formativas

1. Poderá participar o persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos no anexo I.

2. Reservarase un 5% do número de prazas para traballadores/as con discapacidade, en cumprimento co disposto no artigo 11 do Real Decreto 2271/2004, de 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade. Incorpórase como criterio de valoración na participación nos cursos de formación de empregados/as públicos/as o estar afectado/a por unha discapacidade cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%. A selección efectuarase por separado da quenda xeral, incorporándose a ésta todas as vacantes que queden sen solicitantes.

3. A área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento poñerase en contacto cos/as peticionarios/as, asemade poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando ao teléfono 982 260 065.

4. A non comparecencia ou abandono dun/dunha participante admitido/a a unha acción formativa terá como consecuencia que, durante un ano, non será admitido/a ás distintas accións formativas convocadas pola área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento da Deputación de Lugo.

- Certificacións

Expedirase certificado de asistencia ou certificado de asistencia e aproveitamento ós/ás alumnos/as que asistan ó curso. é obrigatoria a asistencia a todas as sesións dos cursos presenciais. Unha inasistencia superior ao 15% no cómputo total das horas programadas, imposibilitará a expedición da certificación acreditativa.

No caso dos cursos en "MODALIDADE EN LIñA", é obrigatoria a asistencia á sesión presencial, naqueles que así o requiran. Se o/a alumno/a non se presentase á sesión presencial, será excluído/a deste.

a) Certificación de asistencia, ou

b) Certificación de asistencia con aproveitamento: trala superación das probas pertinentes, as cales, terán carácter voluntario ou visto o informe de avaliación emitido polo/a formador/a. En calquera dos supostos só se expedirá unha única Certificación.

- Modificacións

A Deputación de Lugo, poderá modificar o desenvolvemento e mailos contidos dos cursos co obxecto de adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir. Lugo, 11 de maio de 2022. O Presidente: José Tomé Roca. O Secretario Xeral: José Antonio Mourelle Cillero

Cursos

- 01.01.01.22 SECTOR PúBLICO E COLABORACIóN. A COLABORACIóN HORIZONTAL E VERTICAL. ENCARGOS A MEDIOS PROPIOS. MODALIDADE EN LIñA

- 01.03.01.22 PRIMEIROS AUXILIOS. MODALIDE PRESENCIAL

- 01.05.01.22 CONTRATOS DAS ADMINISTRACIóNS PúBLICAS. A CONTRATACIóN NA ADMINISTRACIóN LOCAL. TIPOLOXíAS CONTRACTUAIS. PROCEDEMENTO DE CONTRATACIóN: SUXEITOS, OBXECTO E FASES. MODALIDADE EN LIñA.

- 01.08.01.22 USO AVANZADO DE APLICACIóNS INFORMáTICAS DE FOLLAS DE CáLCULO: LIBREOFFICE CALC. MODALIDADE EN LIñA

- 01.09.01.22 USO AVANZADO DE APLICACIóNS INFORMáTICAS DE TRATAMENTO DE TEXTOS: LIBREOFFICE WRITER. MODALIDADE EN LIñA

- 01.14.01.22 RéXIME XURíDICO E PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMúN. APLICACIóN PRáCTICA áS ENTIDADES LOCAIS. MODALIDADE EN LIñA

ANEXO I Característica e contidos

Temas:Administración pública, Administración local, Ensino e formación, Ocupacional e continua
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Lugo
Ámbitos xeográficos:Lugo
Valorar:
Compartir contido