Ficha biblioteca

Nova Axudas concedidas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación22/06/2022 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Medio ambiente, Calidade ambiental, Concienciación e sensibilización, Desenvolvemento sostible Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais, Outras administracións OrganizaciónsXunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas Ámbitos xeográficosGalicia
Imaxe do contido
Descrición Axudas concedidas ao abeiro desta orde financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022 e 2023 procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU
Detalles contido
Axudas concedidas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal Axudas concedidas ao abeiro desta orde financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022 e 2023 procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU
22/06/2022|DOG

Resolución do 13 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de novembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 238, do 14 de decembro) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, por anticipado de gasto, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT975K).

Mediante a Orde do 30 de novembro de 2021 (DOG núm. 238, do 14 de decembro), a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda fixo públicas as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, por anticipado de gasto, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT975K).

Segundo o establecido no artigo 13.4 das citadas bases reguladoras, coa finalidade de garantir o cumprimento dos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, de conformidade co previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas outorgadas ao abeiro da orde antes referida, expresando a convocatoria, programa e aplicación orzamentaria a que se imputen, os beneficiarios, as cantidades concedidas e a finalidade da subvención.

As axudas convocadas ao abeiro desta orde financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022 e 2023 procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Resolveuse:

Publicar as axudas que se relacionan na táboa que se anexa, concedidas ao abeiro do seguinte:

Normas reguladoras da convocatoria:

a) Orde do 30 de novembro de 2021 (DOG núm. 238, do 14 de decembro) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, por anticipado de gasto, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT975K).

b) Aplicacións orzamentarias: 08.02.541D.760.1 (código de proxecto 2022 00034).

c) Finalidade da axuda: a modalidade de axudas previstas nesta orde ten por obxecto as actuacións en materia de residuos de competencia municipal, en concreto, encamiñadas á mellora da xestión dos biorresiduos, ás entidades locais municipais e supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia que teñan asumida a competencia de prestar os servizos de recollida ou de tratamento de residuos municipais.

d) Destinatarias: poderán ser beneficiarias as entidades locais municipais e supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia, de conformidade coas competencias que lles correspondan en materia de xestión de residuos e que cumpran os requisitos establecidos para cada unha das liñas subvencionables segundo o artigo 2 da orde.

e) Os expedientes completos relativos tanto ás solicitudes beneficiarias como non beneficiarias, de acordo cos requisitos establecidos na mencionada orde de convocatoria, están dispoñibles nas dependencias correspondentes da Subdirección Xeral de Residuos da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático para posteriores consultas ou controis pertinentes.

ANEXO

Beneficiarios


 
Temas:Administración pública, Administración local, Medio ambiente, Calidade ambiental, Concienciación e sensibilización, Desenvolvemento sostible
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais, Outras administracións
Organizacións:Xunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido