Ficha biblioteca

Nova A Xunta pon en marcha un chat desde o servizo do 012 para facilitar á cidadanía a comunicación da presenza de niños de vespa velutina
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación29/07/2022 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Emerxencias e seguridade Tipo de contidoNovas, Servizos ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL) Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mantiveron hoxe unha reunión con representantes da empresa pública Seaga encargada da retirada dos niños, da central de chamadas do 012 e do 112 Galicia
Detalles contido
A Xunta pon en marcha un chat desde o servizo do 012 para facilitar á cidadanía a comunicación da presenza de niños de vespa velutina A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, mantiveron hoxe unha reunión con representantes da empresa pública Seaga encargada da retirada dos niños, da central de chamadas do 012 e do 112 Galicia
15/07/2022|Xunta de Galicia
  • Ademais do novo chatbot que se acaba de poñer en funcionamento esta semana, o Goberno galego continua a traballar na aplicación Controlvelutina que axuda ao persoal de Seaga na xestión dos casos
  • Desde mañá e ata mediados de setembro o horario no Teléfono de Atención e Información á Cidadanía 012 aumentarase tendo en conta a proliferación desta especie nestes meses
  • A Xunta retirou no primeiro semestre do ano máis de 2.200 niños na comunidade nos 306 concellos adheridos ao plan, o 98% dos municipios galegos para ofrecer unha resposta centralizada e coordinada
     
A Estrada (Pontevedra), 15 de xullo de 2021

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixeron hoxe balance do programa galego de vixilancia e control fronte á vespa velutina acordado entre a Xunta e os concellos a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Nun encontro con representantes da empresa pública Seaga, da central de chamadas do 012 e do 112 Galicia anunciouse unha nova ferramenta -un chat bot- que se vén de poñer en marcha esta mesma semana para que a cidadanía poida comunicar á Xunta a presenza de niños de vespa velutina como vía complementaria ao Teléfono de Atención e Información á Cidadanía 012.

Esta canle de comunicación, segundo explicou a directora xeral de Administración Local, é unha contorna de chat similar a doutros servizos en liña que conta con opcións pechadas de resposta para guiar aos usuarios co obxectivo de rexistrar o aviso de forma adecuada. Deste xeito, os cidadáns teñen á súa disposición este servizo as 24 horas do día os 365 días do ano ao que se pode acceder desde a páxina web www.xunta.gal/servizo-do-012 .

Aínda que esta nova aplicación contribuirá a avanzar na dixitalización do 012, a Xunta, ao igual que o ano pasado, reforzará desde mañá e ata mediados de setembro a liña específica do Teléfono 012 para atender os avisos de niños de velutina estendendo a súa cobertura a tódolos días da semana en horario entre as 08,00 e as 20,00 horas, mentres que o resto do ano está activa de luns a venres tamén nese horario e os sábados de 08,00 a 17,30 horas.

Natalia Prieto incidiu na importancia da colaboración cidadá e a necesidade de que contacten co teléfono 012 cando detecten un niño de vespa velutina e informen da súa presenza co obxectivo de minimizar o seu impacto e frear o seu avance na comunidade galega.

No marco do esforzo do Goberno galego por comunicarse coa cidadanía neste ámbito, a Xunta informa á cidadanía do estado dos seus avisos mediante o servizo de comunicación de resolución de avisos SMS desde o que foron enviadas no primeiro semestre deste ano máis de 6.100 mensaxes. Ademais, o ano pasado integrouse nese servizo a nova aplicación Controlvelutina na que os efectivos de Seaga xestionan os avisos introducindo en tempo real os datos de xeolocalización e fotografías do niño, as observacións de cada caso e o resultado final. Neste ano deuse un paso máis nesta ferramenta coa súa integración cos servizos de emerxencias do 112 permitindo que se poidan derivar de forma automática os avisos para mobilizar os medios de retirada nos casos máis urxentes.

Nesta liña, o director xeral de Emerxencias e Interior aclarou tamén que cando os avisos se corresponden cunha urxencia ou son de risco especial por estar en lugares moi concorridos derívanse aos servizos de emerxencia do 112 para a súa retirada inmediata. Puxo como exemplos niños activos no interior de vivendas habitadas ou en establecementos singulares ou de pública concorrencia.

No terceiro ano en vigor deste plan, a empresa pública Seaga encargada da encomenda da retirada dos niños desta especie nos 306 concellos galegos adheridos -o 98% do total-, eliminou un total de 2.238 niños desde xaneiro.

Por provincias, destaca A Coruña con máis dun milleiro -1.032- de niños eliminados ou neutralizados, seguida dos 913 na provincia de Pontevedra, mentres que en Lugo e Ourense se retiraron 182 e 111 niños respectivamente.

O Goberno galego segue a ofrecer con este plan unha solución homoxénea en todas as zonas afectadas e acadar unha maior eficacia na retirada e neutralización dos niños de vespa velutina ao longo deste ano. Xa viña traballando desde 2014 nun programa de vixilancia e control para minimizar o impacto da vespa asiática na comunidade e, ante o aumento da súa presenza, decidiu redobrar o ano pasado os esforzos e actuar coa Fegamp coa posta en marcha dun Plan centralizado para frear o seu avance a través da colaboración cos concellos nas labores de retirada e extinción dos niños.

Con este plan, unha vez recibida a chamada no 012, actívase o protocolo e contáctase co axente encargado de atender o aviso para determinar a actuación que procede. Na maioría dos casos retíranse nun prazo máximo de 5 días hábiles, salvo nos niños de difícil acceso ou que requiran actuacións complementarias ou permisos, nos que o prazo pode ser maior.

Temas:Administración pública, Administración local, Emerxencias e seguridade
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Vicepresidencia e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido