Ficha biblioteca

Nova Rueda pon en valor o paquete de medidas da Xunta destinadas a axudar as familias en colaboración coas entidades sociais e locais de Galicia
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación05/08/2022 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosAsociacións e ONGs, Cidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Contará cun investimento de preto de 33 M€ e nelas inclúese a orde de axudas a entidades con cargo ao 0,7% do IRPF, á que este ano se destinarán 19,1M€
Detalles contido
Rueda pon en valor o paquete de medidas da Xunta destinadas a axudar as familias en colaboración coas entidades sociais e locais de Galicia Contará cun investimento de preto de 33 M€ e nelas inclúese a orde de axudas a entidades con cargo ao 0,7% do IRPF, á que este ano se destinarán 19,1M€
05/08/2022|Xunta de Galicia
  • Trátase da parte dos fondos que xestiona a Consellería de Política Social e Xuventude e que irán destinados a programas relacionados co ámbito dos maiores, das persoas con discapacidade, da infancia, da mocidade e da inclusión social
  • Entre estas medidas atópase tamén unha nova orde de axudas a entidades para a creación ou a remodelación de centros de atención a maiores ou persoas con discapacidade que contará cun investimento de 13 millóns de euros
  • No ámbito do voluntariado, deuse luz vez ao convenio de colaboración coa Escola de Tempo Libre Don Bosco para o desenvolvemento do programa Xacobeando
     

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, puxo en valor a aprobación no Consello da Xunta dun paquete de medidas destinadas a axudar ás familias en colaboración coas entidades sociais e locais de Galicia. O titular do Executivo galego informou de que este conxunto de convocatarias contarán cun investimento de preto de 33 millóns de euros para impulsar programas e iniciativas vinculados co ámbito da atención aos colectivos máis vulnerables.

Entre estas medidas, Rueda informou da aprobación da orde de axudas con cargo á casilla social do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) que este ano distribuirá 19,1 millóns de euros para financiar programas de carácter social impulsados polas entidades sociais de Galicia. As axudas financiarán gastos correntes deste tipo de programas e tamén está previsto financiar gastos de investimento referidos a obras de equipamento, rehabilitación ou adquisición de vehículos adaptados.

Esta partida corresponde á parte dos fondos que xestiona a Consellería de Política Social e Xuventude e aos que se engadirán outros xestionados pola Secretaría Xeral de Igualdade e pola Consellería de Sanidade. Os programas que se poderán financiar serán polo tanto aqueles dirixidos a asistencia a persoas maiores, persoas con discapacidade, infancia e mocidade, así como programas que favorezan o voluntariado e a inclusión social.

 
Atención a maiores e discapacidade

Entre as medidas incluídas, o presidente da xunta tamén salientou a nova orde de axudas para a construción ou rehabilitación de centros de atención de iniciativa social. Contará cun investimento de 13 millóns de euros e permitirá a construción de novos equipamentos de atención a persoas maiores e persoas con discapacidade, así como a obras de mellora e adquisición de equipamento que busquen a modernización de centros existentes.

Finalmente, Rueda tamén informou da inclusión neste paqueste de medidas dun convenio de colaboración coa Escola de Tempo Libre Don Bosco para o desenvolvemento do programa Xacobeando. Este proxecto pioneiro de voluntariado internacional comezou a andar o pasado mes de xullo e reunirá ata o mes de outubro a 80 mozos de oito países europeos en distintas rutas do Camiño de Santiago. Concretamente de Letonia, Lituania, Estonia, Grecia, Eslovaquia, Italia, Portugal e do resto de España. Segundo avanzou, este convenio conta cunha partida orzamentaria de máis de 300.000 euros.

Temas:Administración pública, Administración local, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Colectivos:Asociacións e ONGs, Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido