Ficha biblioteca

Evento Curso Superior en Protección de datos
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación26/08/2022 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración dixital, Seguridade TIC, Protección de Datos Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O Curso superior en protección de datos pretende afondar no coñecemento desta materia, tanto desde unha perspectiva técnico-xurídica como desde unha perspectiva práctica
Detalles contido
LugarEn Liña Egap Santiago OrganizadorEgap Datas
DíaHora inicioHora fin
26/09/2022 11:30 14:30
28/09/2022 16:30 19:30
05/10/2022 16:30 19:30
19/10/2022 16:30 19:30
26/10/2022 16:30 19:30
02/11/2022 16:30 19:30
09/11/2022 16:30 19:30
16/11/2022 16:30 19:30
23/11/2022 16:30 19:30
30/11/2022 16:30 19:30
14/12/2022 16:30 19:30
19/12/2022 16:00 17:30
Evento

Curso superior en protección de datos

Obxectivos

O Curso superior en protección de datos pretende afondar no coñecemento desta materia, tanto desde unha perspectiva técnico-xurídica como desde unha perspectiva práctica, de xeito que poden destacarse como principais obxectivos do curso os seguintes:

• Concienciar o alumnado na relevancia e importancia do dereito fundamental á protección de datos persoais desde unha perspectiva normativa e práctica, dotándoo de coñecementos e boas prácticas para dar cumprimento aos principios e obrigas establecidos pola normativa vixente, respectar os dereitos das persoas interesadas polo tratamento dos seus datos persoais e xestionar adecuadamente posibles incidencias que poidan xurdir nas distintas fases do devandito tratamento.

• Abordar os principios básicos de seguridade e as medidas que cómpre implantar nos sistemas de información desde a perspectiva do risco e con base no disposto no Regulamento xeral de protección de datos (RXPD) e no Esquema nacional de seguridade (ENS).

• Proporcionarlle ao alumnado unha visión global da protección de datos persoais, das funcións e responsabilidades correspondentes aos diferentes roles que interveñen no tratamento dos datos persoais e do papel que desenvolven as autoridades de control como a Axencia Española de Protección de Datos.

Contidos

Este curso superior abordará os seguintes contidos:

• Marco normativo, principios e roles da protección de datos.

• Os dereitos da cidadanía respecto ao tratamento dos seus datos persoais polas administracións públicas.

• As administracións públicas como responsables do tratamento. O Esquema nacional de seguridade. O papel do delegado de protección de datos (DPD). A protección de datos na Xunta de Galicia.

• Outras medidas de responsabilidade proactiva. Códigos tipo. Certificacións. Transferencias internacionais de datos. Videovixilancia. Publicación de datos persoais e transparencia.

• A garantía dos dereitos dixitais na Lei orgánica de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD). Especial referencia ao dereito ao esquecemento en procuras da internet fronte aos motores de busca e dereito á intimidade ante a utilización de sistemas de xeolocalización no ámbito laboral.

• As autoridades de supervisión. O Comité Europeo de Protección de Datos. O réxime sancionador no RXPD.

• Intelixencia artificial nas administracións públicas, tratamento de datos persoais e ética. Protección de datos en saúde.

Número de prazas

Setenta (70).

Persoas destinatarias

O curso está dirixido ao persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, que se encadren nas seguintes categorías:

• Grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.

• Grupos I e II do persoal laboral.

No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán ser cubertas por persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local, das universidades do Sistema universitario de Galicia e da Administración de xustiza.

Recoméndase que as persoas participantes (alumnado) conten con algún coñecemento previo da materia para poder aproveitar mellor o curso.

Desenvolvemento

1. Modalidade e datas: o curso desenvolverase na modalidade mixta, con sesións presenciais, de telepresenza e de teleformación, desde o luns 26 de setembro ata o luns 19 de decembro de 2022.

2. Duración: 106 horas lectivas, distribuídas da seguinte forma:

• 1 sesión presencial cunha duración de 3 horas.

• 10 sesións de telepresenza de 3 horas cada unha.

• 72 horas de traballo de teleformación.

• 1 hora como máximo para o exame final en liña.

3. Lugar de desenvolvemento e acceso ás sesións:

• A sesión presencial corresponderase coa sesión inaugural do curso, que se desenvolverá o luns 26 de setembro de 2022, das 11.30 ás 14.30 horas, no salón de actos da EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

• As sesións de telepresenza desenvolveranse os mércores de cada semana, das 16.00 ás 19.00 horas, entre o 28 de setembro e o 14 de decembro, agás os mércores 12 de outubro e 7 de decembro de 2022.

• O acceso ás sesións de telepresenza e de teleformación realizarase a través da aula virtual da EGAP (https://egap.xunta.gal/aulavirtual/), así como ao exame final, que será en liña o luns 19 de decembro de 2022 ás 16.00 horas.

O funcionamento básico da plataforma de telepresenza require que cada alumno/a dispoña dos seguintes compoñentes:

• Computador de sobremesa, portátil ou smartphone.

• Conexión estable á internet.

• Navegador web Google Chrome ou Mozilla Firefox nas últimas versións.

• Altofalantes (se o monitor ou equipo non dispón deles).

Para o uso da ferramenta de telepresenza o alumnado contará cun manual de usuario na ligazón https://egap.xunta.gal/ecloud/index.php/s/ZKijmeiZ5ypS3jd, onde se explica como acceder á plataforma de telepresenza e se describen os compoñentes que o equipo necesita para un funcionamento básico da plataforma.

Inscrición

1. As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo . As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade, todas as persoas deben introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo coas persoas destinatarias e criterios de selección establecidos nas bases cuarta e oitava, respectivamente, desta convocatoria.

3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte, contado desde que se detecte o feito.

4. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que está integrada esta actividade (Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa) e, despois, seleccionar en «nome do curso»: Curso superior en protección de datos.

5. O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 18 de setembro de 2022.

Temas:Administración dixital, Seguridade TIC, Protección de Datos
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido