1. Beneficiarios:
Poderán solicitar estas subvencións as entidades locais que integran a Administración Local da provincia de Pontevedra e os organismos públicos e entidades de dereito público vinculados ou dependentes delas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Dispor dunha oficina de turismo ou punto de información turística adherida á Rede de Oficinas de Turismo Info Rías Baixas á que se adscribirá o persoal cuxo custo de financiación será obxecto de subvención
2. Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e coa facenda autonómica da Xunta de Galicia (ATRIGA).
3. Non ter débedas coa Deputación de Pontevedra.
4. Estar ao corrente do pagamento da Seguridade Social.
5. Non estar incursa en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
6. Non ter pendente de xustificación subvencións anteriores pagadas anticipadamente pola Deputación de Pontevedra.
2. Obxecto:
Subvencións públicas destinadas a financiar os custos derivados da prestación de servizos de información en oficinas de turismo adheridas á rede de oficinas de turismo “INFO RíASBAIXAS” imputables ao exercicio 2023 coa finalidade de colaborar no fomento do turismo e na profesionalización do sector da provincia de Pontevedra, segundo os principios de concorrencia competitiva, obxectividade e publicidade.
3. Bases reguladoras
Bases de subvencións aprobadas por acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra de 13 de xaneiro de 2023 , Lei 38/2003, de 17 de novembro xeral de subvencións, Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación de Pontevedra aprobada polo Pleno da Deputación de Pontevedra na súa sesión ordinaria de 28 de outubro de 2016 e publicada no BOPPO nº 249 de 30 de decembro de 2016, Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público.
4. Contía
280.000,00 €
5. Prazo de presentación
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).
6. Outros datos de interese
— Solicitudes e documentación: cada entidade poderá presentar unha única solicitude, en modelo normalizado dispoñible na sede electrónica.
— Procedemento de concesión: concorrencia competitiva.
— Criterios de valoración: os establecidos na base décima da convocatoria.
— Gastos subvencionables: gastos salariais e gastos derivados da contratación da prestación de servizos de atención ao público en oficinas de turismo.
— Compatibilidade: si
— Forma de pago: transferencia.
— Forma de xustificación: mediante a xustificación do cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención (memoria explicativa, acreditación da difusión da subvención e certificado da persoa titular da Secretaría do Concello sobre o cumprimento dos requisitos previstos na normativa reguladora de aplicación no referente á selección do persoal obxecto da subvención ou á contratación da prestación do servizo; xustificación dos gastos (conta xustificativa dos gastos en modelo normalizado, certificación da persoa titular da Secretaría, Intervención ou funcionario/a competente acreditativa de que os gastos cuxo detalle figura na conta xustificativa son reais, se aplicaron á finalidade subvencionada e foron aprobados polo órgano competente); xustificación dos ingresos (conta xustificativa de ingresos en modelo normalizado).
— Prazo máximo de xustificación: 31 de marzo de 2024.