Ficha biblioteca

Nova A Xunta destina 400.000 euros a apoiar, promocionar e difundir nos concellos galegos as festas de Interese Turístico de Galicia
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación25/01/2023 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Turismo Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Axencia de Turismo de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas de apoio, promoción e difusión ás festas de interese turístico de Galicia, para o que a Administración autonómica destinará 400.000 euros
Detalles contido
A Xunta destina 400.000 euros a apoiar, promocionar e difundir nos concellos galegos as festas de Interese Turístico de Galicia A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas de apoio, promoción e difusión ás festas de interese turístico de Galicia, para o que a Administración autonómica destinará 400.000 euros
25/01/2023|DOG

Como recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG), o procedemento de concesión destas axudas será de concorrencia non competitiva por rigorosa orde de entrada no rexistro e unicamente será subvencionable un evento por concello solicitante. A Xunta subvencionará os gastos destinados coa promoción e difusión turística da festa como publicidade, cartelería, anuncios nos diferentes medios de comunicación, actuacións artísticas...

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os requisitos establecidos nestas bases, os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia en que se celebren durante o ano 2023 festas declaradas de interese turístico de Galicia incluídas no obxecto desta convocatoria.

Así mesmo, poderán ser beneficiarias destas subvenciones as agrupacións que, non tendo personalidade xurídica, estean integradas por municipios en que se celebren festas declaradas de interese turístico de Galicia que reúnan os requisitos establecidos no parágrafo anterior, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Obxecto e réxime

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto sufragar parcialmente os investimentos directamente vinculados ao apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia. Será requisito indispensable que a festa conte coa declaración de interese turístico de Galicia regulada no Decreto 4/2015, do 8 de xaneiro, polo que se regula a declaración de festas de interese turístico de Galicia.

Non serán obxecto de subvención as festas que, ademais da declaración de interese turístico de Galicia, conten coa declaración de festa de interese turístico nacional e/ou internacional segundo establece a Orde ICT/851/2019, do 25 de xullo, pola que se regula a declaración de festas de interese turístico nacional e internacional.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva por rigorosa orde de entrada no rexistro.

Bases reguladoras

Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos para o apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (código de procedemento TU500A).

 Importe

As subvencións relativas ao apoio, promoción e difusión de festas declaradas de interese turístico de Galicia imputaranse á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.760.1, proxecto 2017 00005, cun crédito de 400.000 €, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, de conformidade co disposto nos artigos 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, o que poderá dar lugar á concesión de máis subvencións, de acordo coa orde de incoación.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

 Prazo de xustificación da subvención

Para cobrar a subvención concedida, o/a beneficiario/a terá de prazo ata o 30 de setembro de 2023 para eventos celebrados ata o 31 de agosto, e cando o evento subvencionado se celebre con posterioridade a esta data, ata o 20 de decembro de 2023.

Temas:Administración pública, Administración local, Turismo
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Axencia de Turismo de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido