Obxecto
1. Co obxecto de impulsar a normalización lingüística na Administración convócanse vinte e sete cursos de linguaxe administrativa galega e tres de linguaxe xurídica galega.
2. O número de prazas por curso será de 25.
3. Os cursos impartiranse segundo se indica a seguir:
– Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, institucións e entidades públicas instrumentais do sector público autonómico:
FC23001 Curso medio de linguaxe administrativa galega |
Modalidade | Horas | Datas lectivas | Exame final |
Teleformación | 75 | 27.2.2023 ao 30.4.2023 | 3 de maio |

Teleformación | 75 | 27.2.2023 ao 30.4.2023 | 4 de maio |
Teleformación | 75 | 27.2.2023 ao 30.4.2023 | 4 de maio |
Teleformación | 75 | 4.9.2023 ao 5.11.2023 | 8 de novembro |

FC23002 Curso superior de linguaxe administrativa galega |
Modalidade | Horas | Datas lectivas | Exame final |
Teleformación | 75 | 27.2.2023 ao 30.4.2023 | 5 de maio |
Teleformación | 75 | 27.2.2023 ao 30.4.2023 | 5 de maio |
Teleformación | 75 | 27.2.2023 ao 30.4.2023 | 5 de maio |
Teleformación | 75 | 27.2.2023 ao 30.4.2023 | 5 de maio |
Teleformación | 75 | 4.9.2023 ao 5.11.2023 | 9 de novembro |

– Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza de Galicia:
FX23001 Curso medio de linguaxe xurídica galega |
Modalidade | Horas | Datas lectivas | Exame final |
Teleformación | 75 | 4.9.2023 ao 5.11.2023 | 11 de novembro |
Teleformación | 75 | 4.9.2023 ao 5.11.2023 | 11 de novembro |
FX23003 Curso superior de linguaxe xurídica galega |
Modalidade | Horas | Datas lectivas | Exame final |
Teleformación | 75 | 4.9.2023 ao 5.11.2023 | 11 de novembro |
– Entidades locais de Galicia:
LO23001 Curso medio de linguaxe administrativa galega |
Modalidade | Horas | Datas lectivas | Exame final |
Teleformación | 75 | 27.2.2023 ao 30.4.2023 | 4 de maio |
Teleformación | 75 | 27.2.2023 ao 30.4.2023 | 4 de maio |
Teleformación | 75 | 27.2.2023 ao 30.4.2023 | 4 de maio |
LO23002 Curso superior de linguaxe administrativa galega |
Modalidade | Horas | Datas lectivas | Exame final |
Teleformación | 75 | 27.2.2023 ao 30.4.2023 | 5 de maio |
– Universidades de Galicia:
UN23001 Curso medio de linguaxe administrativa galega |
Modalidade | Horas | Datas lectivas | Exame final |
Teleformación | 75 | 4.9.2023 ao 5.11.2023 | 8 de novembro |
UN23002 Curso superior de linguaxe administrativa galega |
Modalidade | Horas | Datas lectivas | Exame final |
Teleformación | 75 | 4.9.2023 ao 5.11.2023 | 10 de novembro |
Requisitos das persoas participantes
1º. Os cursos van dirixidos aos empregados públicos e ás empregadas públicas destinados/as nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao persoal da Administración de xustiza de Galicia e persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario galego, que se atopen en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral). Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, o persoal das escalas dos corpos da policía e de bombeiros de Galicia e o persoal do Servizo Galego de Saúde. Non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.
2º. Para acceder a estes cursos é necesario ter validado ou superado, na data de publicación desta resolución, algún dos cursos que se indican a seguir:
Para optar ao curso superior:
– O curso medio de linguaxe xurídica galega, ou o curso medio de linguaxe administrativa galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes que se establecen no artigo 5.2 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas (DOG núm. 121, do 24 de xuño).
Para optar ao curso medio:
– O Celga 4, ou os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, ou o curso básico de linguaxe administrativa galega, ou o curso básico de linguaxe xurídica ou o curso básico de linguaxe administrativa sanitaria, segundo se establece no artigo 3.4 da Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas (DOG núm. 121, do 24 de xuño).
3º. As persoas solicitantes dun curso na modalidade de teleformación deberán dispor dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un ordenador con conexión á internet.
– Calquera navegador web actualizado.
– A conta de correo electrónico especificada na solicitude.
– Un micrófono.
Solicitudes
O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP https://egap.xunta.gal/matricula, non sendo admisibles outras formas de solicitude. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na EGAP no enderezo da internet https://egap.xunta.gal/matricula unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. As persoas que, de seren seleccionadas, desexen recibir os correspondentes avisos deberán facilitar unha conta de correo electrónico e un número de teléfono móbil.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 7 de febreiro de 2023.