Ficha biblioteca

Nova A Xunta destina 350.000 euros as entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación17/03/2023 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Lingua galega Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O obxecto destas axudas é fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante a súa creación ou o mantemento ou reforzamento dos existentes, ou a promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega, para o ano 2023, en concellos ou en agrupamento de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes
Detalles contido
A Xunta destina 350.000 euros as entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega O obxecto destas axudas é fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante a súa creación ou o mantemento ou reforzamento dos existentes, ou a promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega, para o ano 2023, en concellos ou en agrupamento de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes
17/03/2023|DOG

BDNS (Identif.): 680907.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

1. As entidades locais de Galicia excluídas as deputacións provinciais.

2. Os agrupamentos de concellos para a realización dun proxecto común. As súas entidades integrantes nomearán unha entidade representante única que actuará como coordinadora e interlocutora coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e que será o receptor da asignación económica.

3. Estes concellos ou agrupamento de concellos deberán ter unha poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes.

Segundo. Obxecto

O obxecto desta orde é aprobar as bases e convocar as axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante a súa creación ou o mantemento ou reforzamento dos existentes, ou a promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega, para o ano 2023, en concellos ou en agrupamento de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes (código de procedemento administrativo PL400A).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 6 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PL400A).

Cuarto. Contía

Importe total da convocatoria: 350.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 6 de marzo de 2023 no Diario Oficial de Galicia.

Temas:Administración pública, Administración local, Lingua galega
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido