Ficha biblioteca

Nova A Xunta concede axudas por máis de 2,2 M€ para axudar ás entidades locais na mellora da recollida de residuos municipais
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación20/11/2023 FonteXunta
Taxonomía
TemasAdministración local, Medio ambiente Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición As axudas teñen como obxectivo impulsar a economía circular no eido local e avanzar cara ao cumprimento dos obxectivos comunitarios na materia
Detalles contido
A Xunta concede axudas por máis de 2,2 M€ para axudar ás entidades locais na mellora da recollida de residuos municipais As axudas teñen como obxectivo impulsar a economía circular no eido local e avanzar cara ao cumprimento dos obxectivos comunitarios na materia
20/11/2023|Xunta

A Xunta de Galicia concedeu este ano máis de 2,2 millóns de euros en axudas a entidades locais para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para os anos 2023 e 2024, co fin de impulsar a economía circular no eido local e avanzar cara ao cumprimento dos obxectivos comunitarios na materia. 

Diario Oficial de Galicia publica a resolución da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pola que se fai pública a relación de subvencións concedidas ao abeiro desta orde de axudas, que recolle ao redor de 60 beneficiarios entre entidades locais municipais, supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia.

 Segundo constaba nas bases, o financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta orde de axudas non excede o 90% do custo total do proxecto. A porcentaxe restante será asumida pola entidade beneficiaria. Estas axudas son compatibles co financiamento que os beneficiarios poidan recibir doutras administracións, sempre e cando non supere o custo total do proxecto que se vai a financiar. 

Cómpre lembrar que esta convocatoria de axudas contaba con cinco liñas de financiamento destinadas á realización de melloras nos puntos limpos existentes; á instalación de puntos limpos de proximidade; á adquisición de puntos limpos móbiles; á construción e mellora de instalacións de preparación para a reutilización ou autorreparación de residuos domésticos recollidos separadamente, e á implementación de melloras nas instalacións de tratamento existentes para incrementar a súa eficacia na recuperación de materiais contidos nos residuos municipais que se recollan de forma mesturada.

Estas axudas son cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Temas:Administración local, Medio ambiente
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido