Ficha biblioteca

Nova Aberta a convocatoria para que os concellos obteñan ou validaden a certificación de CiudadesAmigas da infancia 2024
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación12/02/2024 FonteUNICEF Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Infancia Tipo de contidoNovas ColectivosEntidades locais OrganizaciónsOrganizacións e Institucións Ámbitos xeográficosNacional
Imaxe do contido
Descrición A entidade solicitante debe ser unha entidade local, concello, mancomunidade, cabido insular ou outro, dentro do sistema da administración local do Estado Español
Detalles contido
Aberta a convocatoria para que os concellos obteñan ou validaden a certificación de CiudadesAmigas da infancia 2024 A entidade solicitante debe ser unha entidade local, concello, mancomunidade, cabido insular ou outro, dentro do sistema da administración local do Estado Español
12/02/2024|UNICEF Galicia

Convocatoria Cidades Amigas da Infancia 2024

1. Información básica sobre a Convocatoria
A entidade solicitante debe ser unha entidade local, concello, mancomunidade, cabido insular ou outro, dentro do sistema da administración local do Estado Español.
1.1. Cales son os prazos da convocatoria?
A convocatoria 2024 terá o seguinte calendario:

  • Período de acceso á plata- forma en modo lectura:2 ao 31 de xaneiro de 2024.
  • Período de acceso á plataforma en modo edición: subida e entrega de documentación do 1 de febreiro ao 1 de xullo de 2024.
  • Período de avaliación das solicitudes: do 2 de xullo ao 30 de novembro do 2024*.
  • Notificación da decisión tomada por parte da Secretaría Permanente: a finais de 2024.
  • Período de visitas de avaliación: entre o 1 e o 31 de outubro de 2024.

1.2. Sobre o período de visitas de avaliación Durante o período de avaliación da convocatoria poderemos realizar unha visita á Entidade Local que solicitou a condición de candidata, recoñecida ou renovación, coa finalidade de valorarmos de primeira man a súa candidatura, coñecermos de forma directa os seus órganos de participación e coordinación e as accións levadas a cabo pola Entidade Local a favor da infancia e adolescencia.
En caso de producirse, o custo desta visita (desprazamento, aloxamento etc.) será asumido pola Entidade Local.
Contactaremos coa antelación suficiente coa Entidade Local a visitar para coordinarmos esta acción de forma adecuada.
1.3. Onde e como se presenta a solicitude?
Toda a información e documentación requirida entregarase por parte da Entidade Local interesada a través da plataforma dixital do recoñecemento de Cidades Amigas da Infancia: https://reconocimientos.ciudadesamigas.org/
Só se aportará a información solicitada no apartado 2 deste documento. Outros documentos anexos non se poderán ter en conta na avaliación das candidaturas.
Idioma: dentro da plataforma, a resposta ás preguntas do formulario débense realizar en castelán. No caso dos documentos que acompañan a solicitude (é dicir, por exemplo:diagnóstico, Plan Local de Infancia e Adolescencia etc.) entregaranse en:

  • Versión oficial. No idioma en que se elaboraron e se aprobaron polo goberno local.
  • Versión non oficial en castelán. Esta versión poderá ser unha tradución non profesional, mediante un mecanismo automático, por exemplo. Hai que presentala a través da plataforma dixital do recoñecemento

1.4. Onde acudir se se teñen dúbidas sobre a convocatoria?
En caso de dúbida da documentación, as Entidades Locais pódense poñer en contacto con UNICEF a través da plataforma dixital do recoñecemento de Cidades Amigas da Infancia, a través do correo electrónico a ciudadesamigas@unicef.es ou a través dos comités autonómicos, segundo corresponda.
Este tipo de dúbidas atenderanse entre o 20 de decembro de 2023 e o 1 de xullo de 2024.
1.5. Onde acudir se se teñen dúbidas sobre a plataforma?
En caso de dúbida coa plataforma, a través do sistema de axuda existente dentro da mesma ou por e-mail a ciudadesamigas@unicef.es.
Este tipo de dúbida atenderanse entre o 20 de decembro do 2023 e o 1 de xullo do 2024

2. Proceso de solicitude e requisitos
As Entidades Locais que inician o proceso deben seguir os seguintes pasos:

1 Asinar un acordo de compromiso: débese asinar un convenio de colaboración e comezar a poñer en marcha o plan de traballo que nel se acorda. é dicir,poñer en marcha os requisitos para solicitar o Recoñecemento Cidade Amiga da Infancia.
2 Solicitar formalmente a condición de Entidade Local Candidata: unha entidade estará en condicións de solicitar ser Candidata unha vez que finalizase o plan de traballo recollido no convenio e xa cumprise cos requisitos establecidos no Marco Regulador do Recoñecemento. Terá que preparar a documentación necesaria e presentala a través da plataforma dixital do recoñecemento.

3 Solicitar formalmente a condición de Entidade Local Recoñecida como Cidade Amiga da Infancia: se a entidade conta coa condición de Entidade Local Candidata transcorreu polo menos un ano de implementación do seu Plan Local de Infancia e Adolescencia e é capaz de demostrar a través de indicadores os resultados e cambios acadados na vida dos nenos, nenas e mais adolescentes, entón poderá solicitar ser Entidade Local Recoñecida.
 

Convocatoria completa

 

Temas:Administración local, Infancia
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Nacional
Valorar:
Compartir contido