Ficha biblioteca

Evento Curso de actualización e cualificación profesional para condutores de vehículos de transporte de mercadorías: CAP de formación continua
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación22/04/2024 FonteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Descrición Este curso ten por obxectivo coñecer a regulamentación en materia de transporte de mercadorías que rexe actualmente en todos os países da Unión Europea e que se foi modificando ao longo dos últimos anos; sobre todo dende que o Tratado de Schengen permite a libre circulación de persoas e mercadorías
Detalles contido
LugarOurense OrganizadorDeputación de Ourense Datas
DíaHora inicioHora fin
31/05/2024 8:00 15:15
07/06/2024 8:00 15:15
14/06/2024 8:00 15:15
21/06/2024 8:00 15:15
28/06/2024 8:00 15:15
Evento

Curso de actualización e cualificación profesional para condutores de vehículos de transporte de mercadorías: CAP de formación continua

1. Persoas destinatarias

* Choferes e condutores/as de vehículos pesados de transporte de mercadorías con permisos de condución C, C1, C1+E, C ou C+E, e D1, D1+E, D ou D+E, que tivesen realizado o CAP de formación inicial ou formación continua no ano 2019, e que presten servizo na Deputación de Ourense, ou nas entidades locais da provincia.

2. Desenvolvemento

2.1. Modalidade da acción formativa: presencial.

2.2. Duración: 35 horas por edición.

2.3. Datas de realización:

  • 1.ª edición = días 19-26 de abril e 3-10 e 24 de maio do 2024.
  •  2.ª edición = días 31 de maio e 7-14-21-28 de xuño de 2024.

2.4. Horario das clases:

  • 1.ª edición = venres, de 8.00 a 15.15 horas.
  • 2.ª edición = venres, de 8.00 a 15.15 horas.

2.5. Prazas: 20 participantes por edición.

2.6. Número de edicións: dúas.

3. Obxectivos

* Coñecer a regulamentación en materia de transporte de mercadorías que rexe actualmente en todos os países da Unión Europea e que se foi modificando ao longo dos últimos anos; sobre todo dende que o Tratado de Schengen permite a libre circulación de persoas e mercadorías.

* Actualizar os coñecementos esenciais dos/as participantes para o exercicio da súa función, facendo especial fincapé na seguridade na estrada, a saúde e a seguridade no traballo e na redución do impacto medioambiental na condución.

* Ter conciencia dos riscos da estrada e das posibles consecuencias dos accidentes de traballo e para isto analizar: a importancia do cumprimento das normas de tráfico e seguridade viaria; os accidentes de tráfico e a magnitude do problema; as implicacións dos vehículos pesados; a dinámica dos impactos neste tipo de vehículos; e sobre todo a condución preventiva para evitar todas estas consecuencias.

* Coñecer a importancia dunha boa aptitude física e mental á hora da toma de decisións para unha condución segura, e con este fin analizar os efectos do alcol ou as drogas durante a condución, o sono, a fatiga, o estrés, os medicamentos, etc.

* Estudar as características técnicas e o funcionamento dos dispositivos de seguridade a fin de dominar o vehículo, minimizar o seu desgaste e previr anomalías de funcionamento e saber como se pode optimizar o consumo de carburante para incrementar a eficiencia da condución.

4. Programa

4.1. Seguridade viaria.

4.1.1. Os riscos na estrada e os accidentes de traballo.

4.1.1.1. Tipoloxía dos accidentes de traballo no sector do transporte.

4.1.1.2. Estatísticas dos accidentes de circulación.

4.1.1.3. Implicación dos vehículos pesados nos accidentes.

4.1.1.4. Consecuencias humanas, materiais e económicas dos accidentes.

4.1.2. A aptitude física e mental.

4.1.2.1. Principios dunha alimentación sa e equilibrada, os efectos do alcol, medicamentos ou calquera outra substancia que poida modificar o comportamento.

4.1.2.2. Síntomas, causas e efectos da fatiga e do estrés.

4.1.2.3. Papel fundamental do ciclo básico actividade/repouso.

4.2. Condución racional e eficiente e evolución tecnolóxica.

4.2.1. Características e funcionamento dos dispositivos de seguridade dos vehículos.

4.2.1.1. Límites de utilización dos freos e ralentizadores; utilización combinada de freos e ralentizadores.

4.2.1.2. Selección da mellor combinación entre velocidade e relación de transmisión.

4.2.1.3. Utilización da inercia do vehículo.

4.2.1.4. Utilización dos medios de ralentización e de freado nas baixadas.

4.2.1.5. Accións que se deben adoptar no caso de fallo.

4.2.1.6. Uso de dispositivos electrónicos y mecánicos:

4.2.1.6.1. O programa electrónico de estabilidade (ESP)

4.2.1.6.2.Sistemas avanzados de frado de urxencia (AEBS)

4.2.1.6.3. Sistema antibloqueo de rodas (ABS)

4.2.1.6.4. Sistemas de control de tracción (TCS).

4.2.1.6.5. Sistemas de vixilancia dos vehículos (IVMS).

4.2.1.6.6. Outros dispositivos homologados de automatización ou axuda da condución.

4.2.2. Optimización do uso do carburante mediante a aplicación das técnicas de condución racional e eficiente.

4.2.2.1. Técnicas de condución: anticipar o fluxo do tráfico, manter a distancia axeitada con outros vehículos e o uso do impulso dos vehículos, velocidade constante, condución fluída e conservar unha presión adecuada dos pneumáticos.

4.2.2.2. Coñecemento dos sistemas de transporte intelixente que incrementan a eficacia e eficiencia da condución e axudan a planificar a ruta.

4.3. Normativa sobre tacógrafo e tempos de condución e descanso.

4.3.1. Coñecer a contorna social do transporte por estrada e a súa regulamentación.

4.3.1.1. Duración máxima da xornada laboral específica no sector dos transportes.

4.3.1.2. Principios, aplicación e consecuencias do Regulamento (CE) número 561/2006, e Regulamento (UE) número 165/2014, do Parlamento Europeo e do Consello.

4.3.1.3. Sancións no caso de non utilización, mala utilización ou manipulación fraudulenta do tacógrafo.

4.3.1.4. Dereitos e obrigas do condutor en materia de cualificación inicial e de formación continua.

4.3.1.5. Formación práctica con simulador de tacógrafo dixital.

4.4. Sensibilización e educación viaria.

4.4.1. Os accidentes de tráfico: magnitude do problema.

4.4.2. Dinámica dun impacto e consecuencias para as vítimas.

4.4.3. A condución: unha tarefa de toma de decisións.

4.4.4. Aptitudes e capacidades básicas para unha condución segura.

4.4.5. Os grupos de risco.

4.4.5.1. A velocidade como factor de risco.

4.4.5.2 O alcol como factor de risco.

4.4.5.3 As drogas de abuso como factor de risco.

4.4.5.4 As enfermidades e os fármacos como factores de risco.

4.4.5.5. A somnolencia como factor de risco.

4.4.5.6. A fatiga como factor de risco.

4.4.5.7. O estrés como factor de risco.

4.4.6. Seguridade activa e pasiva.

4.4.7. A condución preventiva.

4.4.8. Actuación no caso de accidente de tráfico.

4.4.9. A importancia do cumprimento das normas de tráfico.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o xoves 11 de abril do 2024, para a primeira edición, e o xoves 23 de maio do 2024 para a segunda.

Temas:Administración pública, Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido