Ficha biblioteca

Nova A Deputación de Pontevedra destina unha contía total de 150.000,00 € aos concellos da provincia para as actividades de dinamización da lingua galega 2024
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación26/04/2024 FonteDeputación de Pontevedra
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Ensino e formación Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais OrganizaciónsDeputación de Pontevedra Ámbitos xeográficosPontevedra
Descrición Publicada no BOP de hoxe a convocatoria de subvencións dirixidas aos concellos da provincia de Ponevedra, para levar a cabo actividades de dinamización da Lingua galega
Detalles contido
A Deputación de Pontevedra destina unha contía total de 150.000,00 € aos concellos da provincia para as actividades de dinamización da lingua galega 2024 Publicada no BOP de hoxe a convocatoria de subvencións dirixidas aos concellos da provincia de Ponevedra, para levar a cabo actividades de dinamización da Lingua galega
26/04/2024|Deputación de Pontevedra

1. Beneficiarios

Concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.

2. Obxecto

Axudas económicas destinadas para as actividades encamiñadas á dinamización da lingua galega co fin de potenciar o uso do noso idioma no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia que teñan repercusión social, e para as actividades que organicen os concellos no seu termo municipal dirixidas a promover, fomentar e difundir o emprego da lingua galega.

3. Bases reguladoras

Bases de subvencións aprobadas por acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra de 19 de abril de 2024, Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Pontevedra, Bases de execución do Orzamento para o exercicio 2024, na LXS e na demais lexislación de desenvolvemento.

4. Contía

150.000,00 €.

5. Prazo de presentación

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na Base Nacional de Subvencións (BNS).

6. Outros datos de interese

• Solicitudes e documentación: Cada concello poderá presentar unha única solicitude, en modelo normalizado e coa documentación establecida na base décima.

• Procedemento de concesión: concorrencia competitiva.

• Criterios de valoración: os establecidos na base décimo terceira da convocatoria.

• Gastos subvencionables: aqueles que de xeito indubidable respondan á realización do proxecto e se inclúan entre os seguintes: infraestrutura e espazos para as actividades, gastos de contratación de servizos técnicos e profesionais, edición de publicacións, comunicación e prensa, gastos de publicidades e difusión, grupos artistas, compañías, eventos, espectáculos, e outros gastos non recollidos nos apartados anteriores e relacionados directamente co proxecto.

• Compatibilidade: Si

• Forma de pago: Transferencia

• Forma de xustificación: mediante a presentación de facturas, conta xustificativa dos gastos, memoria xustificativa na que figuren todas as actividades realizadas e sinaladas previamente no expediente e que inclúa toda a programación paralela para os efectos de comprobar que cumpriron coas condiciones establecidas na solicitude e acreditar a debida difusión, nos termos previstos na base décimo sétima da convocatoria.

• Prazo máximo de xustificación: 28 de febreiro de 2025.

Temas:Administración pública, Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Deputación de Pontevedra
Ámbitos xeográficos:Pontevedra
Valorar:
Compartir contido