Ficha biblioteca

Nova A Xunta convoca as axudas para o fomento do castiñeiro, con 1,2 M€ para 2024 e 2025
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación14/05/2024 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Medio ambiente Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosAsociacións e ONGs, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Medio Rural e do Mar Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O orzamento destas achegas medra un 30% respecto da aprobación da anterior convocatoria, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU
Detalles contido
A Xunta convoca as axudas para o fomento do castiñeiro, con 1,2 M€ para 2024 e 2025 O orzamento destas achegas medra un 30% respecto da aprobación da anterior convocatoria, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU
14/05/2024|DOG
  • Con esta iniciativa dáse continuidade ao labor desenvolvido nos últimos anos pola Xunta e máis concretamente á convocatoria de 2023, aprobada por preto de un millón de euros e que permitirá plantar case 20.800 castiñeiros para froito
  • Galicia é a principal comunidade autónoma en produción e exportación de castañas de España, absorbendo máis da metade do total nacional

O orzamento destas achegas medra un 30% respecto da aprobación da anterior convocatoria e que os investimentos enmárcanse no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. Destacou ademais que a iniciativa alíñase co Plan Forestal de Galicia e co Programa Estratéxico do castiñeiro.

Estas subvencións poderán beneficiarse as entidades locais e as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos forestais, tanto os propietarios como os arrendatarios ou xestores.

Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito e para a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros, en réxime de concorrencia competitiva, e convocalas para o ano 2024 a través de dúas liñas de axudas:

– Liña I: fomento de plantacións de castiñeiro para froito.

– Liña II: rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiro.

2. As axudas ampáranse nas actuacións incluídas no investimento 3 (I3), Restauración de ecosistemas e infraestrutura verde, do compoñente 4 (C4), Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, e contribuirán ao cumprimento dos obxectivos asociados a esta, de acordo ca normativa reguladora do Mecanismo de recuperación e resiliencia e do Plan de recuperación a nivel europeo e nacional.

3. As actuacións subvencionadas atenderán ao principio de «non causar dano significativo» a ningún dos obxectivos ambientais establecidos no Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables, e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088.

Bases reguladoras

Orde do 30 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito e para a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR670D).

 Importe

1. As accións previstas nesta orde financiaranse, nos exercicios 2024 e 2025, con cargo aos seguintes códigos de proxecto:

a) 14.03.713B.770.0 2022 00139, excepto para entidades locais, por un importe de 1.177.914,81 euros distribuídos do seguinte xeito:

– 117.791,48 euros para o ano 2024.

– 1.060.123,33 euros para o ano 2025.

Segundo as liñas definidas, o crédito distribúese do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas na liña I (Fomento de plantacións de castiñeiro para froito): un total de 412.270,18 euros, en que 41.227,02 euros son para 2024 e 371.043,16 euros para 2025.

– Actuacións incluídas na liña II (Rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros): un total de 765.644,63 euros, en que 76.564,46 euros son para 2024 e 689.080,17 euros para 2025.

No caso de que, unha vez priorizados os expedientes solicitados, non se consuma a totalidade do importe establecido pola distribución de crédito arriba indicada para as liñas I e II, os importes sobrantes pasarán a financiar a outra liña (a I ou a II, segundo corresponda) para facer fronte aos expedientes solicitados.

b) 14.03.713B.760.0202200139, só para entidades locais, por un importe de 180.000 euros distribuídos do seguinte xeito:

– 18.000 euros para o ano 2024.

– 162.000 euros para o ano 2025.

Segundo as liñas definidas, o crédito distribúese do seguinte xeito:

– Actuacións incluídas na liña I (Fomento de plantacións de castiñeiro para froito): un total de 63.000 euros, en que 6.300 euros son para 2024 e 56.700 euros para 2025.

– Actuacións incluídas na liña II (Rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros): un total de 117.000 euros, en que 11.700 euros son para 2024 e 105.300 euros para 2025.

No caso de que, unha vez priorizados os expedientes solicitados, non se consuma a totalidade do importe establecido pola distribución de crédito arriba indicada para as liñas I e II, os importes sobrantes pasarán a financiar a outra liña (a I ou a II, segundo corresponda) para facer fronte aos expedientes solicitados.

2. Sen prexuízo das contías indicadas anteriormente, existe a posibilidade de ampliación de crédito nos supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8  de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Neste caso, o órgano concedente publicará esta ampliación nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

3. As actuacións subvencionables serán financiadas integramente a través dos fondos asignados á Xunta de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, mediante o instrumento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, aprobado polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, dentro do compoñente 4 (C4), Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade, investimento 3 (I3), Restauración de ecosistemas e infraestrutura verde.

Actuacións obxecto de axuda

1. Para a liña I, Fomento de plantacións de castiñeiro para froito, as actuacións que poderán ser obxecto de subvención son as seguintes:

1º. A plantación de castiñeiro, que poderá incluír os gastos de tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo, a adquisición de planta, a plantación, a protección da planta (mediante protectores e titores) e a sementeira de especies herbáceas.

2º. Os peches perimetrais cando se xustifique a súa necesidade (manexo de gando, fauna… independentemente do tipo de persoa beneficiaria) e segundo as condicións técnicas mínimas recollidas no anexo X.

3º. O panel informativo, en consonancia coa obrigatoriedade da persoa beneficiaria de facer mención á orixe do financiamento das actuacións que se realicen ao abeiro desta orde, que se deberá localizar dentro ou estremeiras coa área obxecto da actuación nun lugar visible desde o acceso. Subvencionarase un panel por solicitude e polo importe recollido no anexo IX.

4º. Os honorarios de redacción de proxecto técnico, logo de solicitude e só nos casos en que sexa obrigatoria a súa presentación, segundo o máximo por hectárea indicado no anexo IX.

2. Para a liña II, Rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros, é subvencionable o conxunto das actuacións silvícolas necesarias, agás a poda, que queda excluída nestas mouteiras, para a xestión e o aproveitamento, así como para a restauración dos ecosistemas formados por soutos tradicionais de castiñeiro que deberán contar con instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados, debendo estar previstas nel as accións solicitadas, ou deberán contar coa adhesión ao modelo silvícola CS3, establecido na Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia.

2.1. As actuacións que poderán ser obxecto de subvención son as seguintes:

1º. As rozas, a eliminación de abrochos secundarios ou chupóns dos castiñeiros, o tratamento do extracto arbóreo secundario (rareo doutras especies arbóreas distintas dos castiñeiros e/ou eliminación dos castiñeiros non produtivos ou enfermos) e a eliminación ou extracción dos restos que se obteñan como consecuencia do tratamento. Nestas mouteiras queda excluída a poda.

2º. Aumento da densidade dos soutos mediante a plantación de castiñeiros das variedades para froito recollidas no anexo VIII da orde e enxertados sobre portaenxertos de Castanea sativa Mill. ou Castanea X hybrida.

3º. Outras actuación do sotobosque: a emenda calcaria, a fertilización e o espedrado.

4º. Loita integral contra a praga do verme da castaña (Cydia sp, Pammene sp, etc.), segundo os importes recollidos no anexo IX e coas condicións técnicas mínimas recollidas no anexo X.

5º. Os peches perimetrais cando se xustifique a súa necesidade (manexo de gando, fauna… independentemente do tipo de persoa beneficiaria) e coas condicións técnicas mínimas recollidas no anexo X.

6º. Os honorarios de redacción do proxecto técnico, logo de solicitude e só nos casos en que sexa obrigatoria a súa presentación, segundo o máximo por hectárea indicado no anexo IX.

3. Unha mesma superficie non poderá obter axudas por accións enmarcada nas liñas I e II; non obstante, unha mesma persoa beneficiaria pode obter axudas nas liñas I e II sobre distintas superficies.

Persoas beneficiarias

1. Serán persoas beneficiarias as entidades locais e as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores.

2. As persoas beneficiarias deben cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.

4. Os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo deben cumprir co estipulado no artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 16/2024, do 18 de xaneiro, polo que se regula o réxime xurídico e o Rexistro de Montes de Varas, Abertais, de Voces, de Vocerío ou de Fabeo.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Temas:Administración pública, Medio ambiente
Colectivos:Asociacións e ONGs, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Medio Rural e do Mar
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido