Ficha biblioteca

Nova A Deputación da Coruña convoca a VI edición dos Premios PEL: premios ás iniciativas transformadoras da provincia (PEL-EPR PREMIO 2024)
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación15/05/2024 FonteBop Coruña
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Economía, empresa e emprego Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de A Coruña Ámbitos xeográficosA Coruña
Descrición Publicada no Bop de hoxe a Resolución número 2024/19000, do 8 de maio de 2024, da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se aproba a convocatoria da VI edición dos Premios PEL: premios ás iniciativas transformadoras da provincia (PEL-EPR PREMIO 2024)
Detalles contido
A Deputación da Coruña convoca a VI edición dos Premios PEL: premios ás iniciativas transformadoras da provincia (PEL-EPR PREMIO 2024) Publicada no Bop de hoxe a Resolución número 2024/19000, do 8 de maio de 2024, da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se aproba a convocatoria da VI edición dos Premios PEL: premios ás iniciativas transformadoras da provincia (PEL-EPR PREMIO 2024)
15/05/2024|Bop Coruña

Beneficiarios.

- Pequenas, medianas empresas, microempresas e autónomos/as que teñan domicilio fiscal e social en algún municipio da provincia da Coruña e exercicio económico continuado na actividade empresarial.

- Asociacións e clústers empresariais que teñan domicilio fiscal e social na provincia da Coruña e conten, como mínimo, con 25 asociados.

- Concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña. Segundo.

Obxecto.

As bases teñen por obxecto regular a VI edición dos Premios PEL, como recoñecemento ás iniciativas transformadoras da provincia, fomentando a súa imaxe positiva e realzando o seu papel fundamental como xeradoras de riqueza, emprego e benestar, contribuíndo á súa sustentabilidade, fomentando a cultura emprendedora e potenciando o rural.

Bases reguladoras.

A presente convocatoria réxese polas Bases reguladoras publicadas no BOP número 88 de 7 de maio de 2024, dispoñibles en: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2024/05/07/2024_0000003054.pdf

Contía.

O importe da consignación prevista ascende a un total 75.000,00 euros con cargo á partida 0520/24100/481 do Orzamento ordinario da Deputación Provincial da Coruña para 2024. Para cada categoría establécese un premio en metálico por un importe bruto de 18.000,00 euros.

Sobre estas contías realizaranse as retencións correspondentes do ordenamento tributario regulador do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) e do Imposto de Sociedades (IS).

Prazo de presentación de candidaturas.

O prazo de presentación de candidaturas iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto de convocatoria no BOP da Coruña e finalizará ás 14:00 horas do 18 de xuño de 2024.

Outros datos de interese.

Tanto a presentación de candidaturas como o resto da tramitación da presente convocatoria, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTeL, accesible desde a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña https://sede. dacoruna.gal/subtel/

Temas:Administración pública, Administración local, Economía, empresa e emprego
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de A Coruña
Ámbitos xeográficos:A Coruña
Valorar:
Compartir contido