Ficha biblioteca

Nova pasaXe!: Dispoñibles novos servizos de interoperabilidade na plataforma de interoperabilidade pasaXe!
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación20/05/2024 FonteAmtega
Taxonomía
TemasAdministración dixital, Intercambio de información entre administracións, Administración local Tipo de contidoNovas ColectivosEntidades locais OrganizaciónsAdministración Xeral do Estado , Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), Entidades Locais Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición As entidades locais de Galicia, a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia, pasaXe!, teñen a súa disposición os seguintes novos servizos por cedente para a consulta de datos
Detalles contido
pasaXe!: Dispoñibles novos servizos de interoperabilidade na plataforma de interoperabilidade pasaXe! As entidades locais de Galicia, a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia, pasaXe!, teñen a súa disposición os seguintes novos servizos por cedente para a consulta de datos
20/05/2024|Amtega

As entidades locais de Galicia, a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia, pasaXe!, teñen a súa disposición os seguintes novos servizos por cedente para a consulta de datos:

Instituto nacional de Estadística (INE):

➢ Consulta de datos de Convivencia Actual.

➢ Consulta de datos de Convivencia Actual por Lei.

➢ Consulta de datos de Histórico de Residencia e Convivencia.

➢ Consulta de datos de Histórico de Residencia e Convivencia por Lei.

➢ Consulta de datos de Histórico de Municipios.

➢ Consulta de datos de Histórico de Municipios por Lei.

➢ Xunta de Galicia:

➢ Consulta de discapacidade para a obtención da tarxeta de estacionamento.

➢ Consulta de estar ao corrente de pago coa Xunta de Galicia para contratación coas Administracións Públicas.

➢ Consulta de estar ao corrente de pago coa Xunta de Galicia para percibir axudas ou subvencións das Administracións Públicas.

➢ Consulta de declaracións patrimoniais.

A interoperabilidade é a capacidade dos sistemas de información, e polo tanto dos procedementos aos que estes dan soporte, de compartir datos e posibilitar o intercambio de información e coñecemento entre eles. Mediante a interoperabilidade a Xunta de Galicia trata de garantir á cidadanía o seu dereito a relacionarse con ela por medios electrónicos sen ter que presentar os documentos que poidan ser consultados por conexións informáticas ou xerados pola propia Administración autonómica.

A través da plataforma de interoperabilidade pasaXe! as entidades locais de Galicia poden consultar 100 servizos de interoperabilidade. Son servizos nos que os datos son cedidos por entidades como a propia Xunta de Galicia, o Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, o Ministerio de Educación, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, o Ministerio de Xustiza, o Ministerio de Sanidade, a AEAT, a Dirección Xeral da Policía, a Dirección Xeral do Catastro, Dirección Xeral de Tráfico, o Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España, o Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana, o IMSERSO, o INSS, o INE, a Intervención Xeral da Administración do Estado, a Conferencia de Rectores das Universidades Españolas, MUFACE, o SEPE, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, o Instituto PR_v.02.27 Cambios pasaXe Eido Local_20240520 Páxina 4 de 5 Cervantes e a Axencia Tributaria de Navarra. Na ficha do servizo de Eidolocal, nesta ligazón, pode consultar a lista actualizada de servizos de interoperabilidade dispoñibles.

Co obxectivo de facilitar o proceso de habilitación de servizos de interoperabilidade, está dispoñible no portal Eidolocal unha guía de usuario e os documentos necesarios para realizar o proceso de habilitación do servizo que pode consultar nesta ligazón.

Temas:Administración dixital, Intercambio de información entre administracións, Administración local
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Administración Xeral do Estado , Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), Entidades Locais
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido