Ficha biblioteca

Nova A Xunta activa a nova convocatoria de programas integrados de emprego, para que concellos e entidades sen ánimo de lucro formen as persoas desempregadas
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación11/06/2024 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Emprego Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosAsociacións e ONGs, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O Diario Oficial de Galicia publica a nova convocatoria desta iniciativa para 2024 , a que o Goberno autonómico destina un total de 10,2 millóns de euros
Detalles contido
A Xunta activa a nova convocatoria de programas integrados de emprego, para que concellos e entidades sen ánimo de lucro formen as persoas desempregadas O Diario Oficial de Galicia publica a nova convocatoria desta iniciativa para 2024 , a que o Goberno autonómico destina un total de 10,2 millóns de euros
11/06/2024|DOG
  • O Goberno autonómico destina a esta orde un total de 10,2 millóns de euros
  • Cada acción contará con 100 participantes coa esixencia de que polo menos o 35% accedan ao mercado laboral durante a duración do proxecto
  • Impulsaranse proxectos innovadores, vencellados co territorio e que promovan medidas de conciliación

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria 2024 dos programas integrados de emprego (PIE) que, conta cun investimento de máis de 10,2 millóns de euros, permitirán a posta en marcha de accións para formar as persoas desempregadas.

Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento dos programas regulados nesta orde:

a) Os concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este. No caso dos concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, ademais, deberán ter unha media de paro rexistrado no ano 2023 superior a 500 persoas no ámbito territorial do proxecto.

Este requisito do número mínimo de persoas desempregadas non será de aplicación cando a solicitude agrupe, cando menos, tres concellos, ou dous no caso de que un deles sexa resultado da fusión de dous ou máis concellos.

Poderán concorrer agrupacións de concellos nos seguintes casos:

• Concellos limítrofes que conformen unha área xeograficamente continua.

• Concellos que pertenzan todos eles á mesma comarca, aínda que non sexan limítrofes entre si.

• Agrupacións de concellos que reúnan os requisitos do punto anterior aos que se poden unir outros concellos que, non pertencendo á mesma comarca, limiten xeograficamente con algún dos concellos da agrupación que si pertencen a ela.

b) As entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro.

En cada un dos PIE tomarán parte 100 persoas desempregadas. Polo menos o 35% serán inseridas no mercado laboral durante a duración do proxecto, ben por conta allea (mínimo de 85 días de cotización en vida laboral a xornada completa ou 70 días a xornada parcial); por conta propia (iniciar no mesmo prazo ou nos 3 meses posteriores a esta formación unha actividade), ou como socios/as traballadores/as dunha cooperativa ou sociedade laboral por un tempo non menor de seis meses.

A Xunta fixa como destinatarias prioritarias dos programas, entre outros colectivos, as persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, mulleres vítimas de violencia de xénero, menores de 30, maiores de 45 anos, inmigrantes ou parados de longa duración.

A través desta nova convocatoria fomentaranse os proxectos innovadores que se caractericen pola utilización das novas tecnoloxías. Tamén as actividades que propoñan medidas de conciliación e que estean vencelladas co territorio onde se imparten.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

 

 

 

 

Temas:Administración pública, Administración local, Emprego
Colectivos:Asociacións e ONGs, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido