Ficha biblioteca

Nova Programa de cooperación coas entidades locais da provincia de Ourense: servizo de recollida de animais abandonados para o exercicio 2024
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación10/07/2024 FonteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosAsociacións e ONGs, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Descrición Publicada no BOP de hoxe Programa de cooperación coas entidades locais da provincia de Ourense: servizo de recollida de animais abandonados para o exercicio 2024
Detalles contido
Programa de cooperación coas entidades locais da provincia de Ourense: servizo de recollida de animais abandonados para o exercicio 2024 Publicada no BOP de hoxe Programa de cooperación coas entidades locais da provincia de Ourense: servizo de recollida de animais abandonados para o exercicio 2024
10/07/2024|Bop de Ourense

Programa de cooperación coas entidades locais da provincia de Ourense: servizo de recollida de animais abandonados para o exercicio 2024.

1) Obxecto

1. Constitúe o obxecto deste programa establecer as concretas accións e prestacións que comprende o servizo de recollida de animais abandonados prestado pola Deputación Provincial de Ourense en réxime de competencia delegada e con carácter intermunicipal, así como a forma de financiación do custo do servizo no exercicio 2024.

2. Este programa adóptase no exercicio da competencia provincial para prestarlles asistencia e cooperación aos concellos e demais entidades locais en materia de servizos municipais establecida no artigo 36.1.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, tendo en conta as competencias de xestión do servizo público de recollida de animais abandonados dos municipios da provincia.

2) ámbito territorial

O ámbito territorial no que se aplicará este programa será:

Para o exercicio das accións recollidas na cláusula 3).1.a), os termos municipais dos entes locais adheridos ao convenio marco de cooperación entre a Deputación Provincial de Ourense e os entes locais da provincia para que a Deputación preste, en réxime de competencia delegada e con carácter intermunicipal, o servizo de recollida de animais abandonados (en adiante Convenio).

Para o exercicio das accións recollidas na cláusula 3).1.b) e c), os termos municipais dos entes locais adheridos ao Convenio, así como o dos concellos que as soliciten.

3) Condicións da prestación do servizo.

1. As accións que prestará a Deputación Provincial de Ourense son:

Recollida e custodia de animais: A recollida será efectuada polo servizo de lacería da Rede Provincial, nos seguintes casos:

Animais da especie canina:

Recollida de cans abandonados, extraviados ou cuxa situación aconselle a súa retirada, por risco para a integridade do animal ou das persoas, sempre que poidan ser capturados de maneira inmediata.

Nos casos en que a situación dos animais non permita a recollida por medios normais (mandas asilvestradas, animais moi esquivos situados en lugares onde non sexa factible a utilización de dardos anestésicos...) os/a técnicos/as do servizo ofreceranlles ás autoridades locais a súa colaboración na elaboración de plans de actuación que faciliten a súa captura.

Recollida de cans de propiedade particular da veciñanza, nas condicións exixidas pola lexislación vixente.

Identificación e rexistro no REGIAC dos animais recollidos, tanto se lle son devoltos ao/á propietario/a como entregados en adopción.

Custodia e atención dos animais recollidos durante o período legal en que deben permanecer a disposición do/a propietario/a, así como no período posterior ata a súa adopción.

Esterilización de todos os animais como paso previo á súa entrega en adopción.

Outras mascotas:

Gatos domésticos (enténdese por aqueles que viven no interior dos domicilios en compañía permanente dos/as propietarios/as e, polo tanto, son susceptibles da súa entrega en adopción): Xestionar a adopción definitiva ou provisional (acollida por entidades de protección animal ou particulares) nos casos en que sexa imprescindible (propietarios falecidos ou trasladados a residencias sen familiares próximos). Ata o momento da entrega ao/á novo/a propietario/a ou adoptante permanecerán na residencia onde se encontren.

Outras mascotas, incluíndo gatos comunitarios, furóns, etc.: só se recollerán animais en urxencia vital (aqueles que pola súa situación requiran asistencia inmediata para garantir a súa supervivencia: enfermos, accidentados).

Asesoramento en materia de:

Colonias felinas. Asesoramento en canto ás actuacións que serán acometidas polos entes locais: elaboración de plans de actuación e recomendacións de seguimento.

Outros gatos comunitarios: recomendacións de manexo.

Estudo de calquera situación non prevista que poida presentarse relativa a animais de compañía e recomendacións de actuación.

Equipamentos. Poñerase ao dispor dos entes locais o equipamento necesario para a captura de animais, especialmente dos gatos comunitarios: gaiolas-trampa, lazos, redes, etc. en réxime de préstamo por un período de tempo determinado ou para un cometido concreto. Nestes casos, é necesario solicitalo previamente por escrito acompañado dun compromiso de custodia dos materiais.

2. A Deputación Provincial de Ourense realizará o servizo mediante xestión directa, sen prexuízo dos convenios que poida celebrar coas asociacións de protección e defensa dos animais.

4) Retribucións económicas

1. O servizo delegado financiarase con cargo ás prestacións patrimoniais de carácter público do servizo, ás achegas públicas ou privadas que se reciban e con fondos propios da Deputación Provincial de Ourense.

2. O custo das actuacións recollidas na letra 1.a) da cláusula 3) será en parte financiado coas achegas dos entes locais adheridos: 1 euro por habitante/ano.

Para estes efectos, na liquidación terase en conta a poboación de dereito segundo a cifra oficial de poboación vixente no momento de efectuarse a liquidación.

De ser o caso, a Deputación Provincial asumirá o resto dos custos.

3. O custo do resto de actuacións será asumido, integramente, pola Deputación Provincial de Ourense.

4. A liquidación ás entidades locais aprobarase e notificarase anualmente. As entidades locais disporá dun prazo de trinta días naturais para efectuaren o pagamento. Unha vez transcorrido o mencionado prazo sen realizaren o pagamento das liquidacións correspondentes, procederase conforme ao disposto na Cláusula sexta do Convenio ou cláusula que a substitúa.

5) Procedemento de acceso ao servizo

1. As entidades locais que estean adheridas ao convenio quedan automaticamente adheridas ás actuacións deste programa sen necesidade de realizar trámite ningún, agás que manifesten o contrario.

2. O resto das entidades locais que queiran acceder ao servizo deberán presentar unha solicitude previa dirixida á Presidencia da Deputación, a través do Rexistro electrónico dispoñible na sede electrónica da Deputación Provincial (www.sede.depourense.es) ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, na que se indicará o tipo de servizo solicitado. Xuntarase o acto administrativo de adhesión ao convenio adoptado polo órgano competente, nos termos establecidos no Convenio.

3. Deberá solicitarse, como mínimo, cunha antelación de quince días hábiles á data na que se solicite a actuación. Por razóns organizativas, non se atenderán aquelas peticións cun intervalo menor, agás situacións de emerxencia ou urxencia debidamente xustificadas, imposibles de prever coa dita antelación.

6) Baixa voluntaria do programa por parte das entidades locais adheridas.

A resolución ou extinción do Convenio ou a baixa voluntaria deste programa respecto de calquera das entidades locais adheridas terá como efecto que a Deputación deixe de prestar o servizo. A dita resolución ou extinción levarase a cabo polos trámites establecidos no Convenio.

7) Vixencia e extinción do programa

Este programa estará vixente desde o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial de Provincia de Ourense e ata o 31 de decembro de 2024.

Temas:Administración pública, Administración local
Colectivos:Asociacións e ONGs, Entidades locais
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido