Ficha biblioteca

Nova pasaXe!: Dispoñible novo servizo de interoperabilidade na plataforma de interoperabilidade pasaXe!
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación27/09/2024 FonteAmtega
Taxonomía
TemasAdministración dixital Tipo de contidoNovas, Ferramentas TIC ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición As entidades locais de Galicia, a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia,pasaXe!, teñen a súa disposición o seguinte novo servizo por cedente para a consulta de datos: Consulta de datos de vehículo para o imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM)
Detalles contido
pasaXe!: Dispoñible novo servizo de interoperabilidade na plataforma de interoperabilidade pasaXe! As entidades locais de Galicia, a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia,pasaXe!, teñen a súa disposición o seguinte novo servizo por cedente para a consulta de datos: Consulta de datos de vehículo para o imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM)
27/09/2024|Amtega

As entidades locais de Galicia, a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia, pasaXe!, teñen a súa disposición o seguinte novo servizo por cedente para a consulta de datos:

➢ Dirección Xeral de Tráfico

➢ Consulta de datos de vehículo para o imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM)

A interoperabilidade é a capacidade dos sistemas de información, e polo tanto dos procedementos aos que estes dan soporte, de compartir datos e posibilitar o intercambio de información e coñecemento entre eles. Mediante a interoperabilidade a Xunta de Galicia trata de garantir á cidadanía o seu dereito a relacionarse con ela por medios electrónicos sen ter que presentar os documentos que poidan ser consultados por conexións informáticas ou xerados pola propia Administración autonómica.

A través da plataforma de interoperabilidade pasaXe! as entidades locais de Galicia poden consultar 101 servizos de interoperabilidade. Son servizos nos que os datos son cedidos por entidades como a propia Xunta de Galicia, o Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, o Ministerio de Educación, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, o Ministerio de Xustiza, o Ministerio de Sanidade, a AEAT, a Dirección Xeral da Policía, a Dirección Xeral do Catastro, Dirección Xeral de Tráfico, o Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España, o Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana, o IMSERSO, o INSS, o INE, a Intervención Xeral da Administración do Estado, a Conferencia de Rectores das Universidades Españolas, MUFACE, o SEPE, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, o Instituto Cervantes e a Axencia Tributaria de Navarra. Na ficha do servizo de Eidolocal, nesta ligazón, pode consultar a lista actualizada de servizos de interoperabilidade dispoñibles.

Co obxectivo de facilitar o proceso de habilitación de servizos de interoperabilidade, está dispoñible no portal Eidolocal unha guía de usuario e os documentos necesarios para realizar o proceso de habilitación do servizo que pode consultar nesta ligazón

Temas:Administración dixital
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Modernización e Innovación Tecnolóxica (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido