Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar o contido ofrecido.
Entre o 12 e o 27 de novembro, celebrarase unha nova tanda de sesións formativas en liña "Ciberseguridade e persoas: O primeiro escudo contra os atacantes", eminentemente prácticas, nas que se levará a cabo un repaso das técnicas de enxeñería social usadas polos ciberdelincuentes para tratar de facernos caer nos seus enganos. Ademáis, farase unha análise dos ataques de tipo phishing e as súas implicacións e exporanse as técnicas para a súa detección e prevención.
Estas sesións formativas están dirixidas ao persoal da administración local galega.
Realizaranse as seguintes sesións:
Se está interesado en asistir a unha destas sesións é necesario que se inscriba previamente na seguinte ligazón, indicando o día e a hora da sesión que mellor se adapte á súa dispoñibilidade.
O prazo máximo para realizar a inscrición será ata o xoves 31 de outubro.
Para calquera dúbida pode poñerse en contacto coa Oficina eConcellos a través do correo electrónico oficina.econcellos@xunta.gal ou do teléfono 981957595.