Ficha biblioteca

Nova A Xunta aproba novos símbolos heráldicos para o concello de Ribadavia
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación28/11/2024 FonteXunta
Taxonomía
TemasAdministración local, Heráldica Tipo de contidoNovas ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL) Ámbitos xeográficosOurense / RIBADAVIA
Descrición O DOG publica hoxe os decretos polos que se aproban o escudo e a bandeira deste municipio ourensán
Detalles contido
A Xunta aproba novos símbolos heráldicos para o concello de Ribadavia O DOG publica hoxe os decretos polos que se aproban o escudo e a bandeira deste municipio ourensán
18/11/2024|Xunta

O DOG publica hoxe os decretos polos que aproban o escudo e a bandeira do concello ourensán de Ribadavia, que xa recibiran informe favorable na reunión da Comisión de Heráldica do pasado 28 de outubro.

Este órgano consultivo da Xunta de Galicia, adscrito á consellería competente en materia de réxime local, é o encargado de emitir informes vinculantes de aprobación, modificación ou rehabilitación de escudos heráldicos e bandeiras das entidades locais galegas.

Segundo vén definido no decreto, no caso do Ribadavia a bandeira leva o pano azul e, ao centro, unha torre de branco flanqueada do sol e a lúa de amarelo.

No caso do escudo é de azur (azul) e sobre ondas de prata (branco), a ponte defendida de prata e, nos flancos, o sol e a lúa de ouro (amarelo). Ao timbre, a coroa real pechada.

O Goberno galego leva aprobados un total de 285 escudos e bandeiras das entidades locais de Galicia no seo da Comisión Heráldica da Xunta, tras a petición dos respectivos concellos de adoptar, modificar ou rehabilitar os seus símbolos, en aplicación do Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, que os regula.

Os municipios e as demais entidades locais de Galicia poden adoptar escudos heráldicos e bandeiras propios e privativos, modificar os xa existentes ou rehabilitar os que historicamente se empregasen, baseándose sempre en feitos históricos ou xeográficos característicos e peculiares do seu territorio e conforme as normativas de heráldica.

Ningunha entidade local de Galicia poderá utilizar escudo heráldico ou bandeira que non fosen aprobados polo Consello da Xunta de Galicia, sen prexuízo daqueles que foron aprobados pola Administración do Estado con anterioridade á transferencia de competencias a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Temas:Administración local, Heráldica
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL)
Ámbitos xeográficos:Ourense / RIBADAVIA
Valorar:
Compartir contido