Ficha biblioteca

Nova Apoio da Xunta aos concellos con 17 millóns de euros para financiar os seus servizos sociais e programas de inclusión
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación10/01/2025 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición A maior contía do Plan Concertado diríxese a sufragar a contratación de máis de 800 profesionais, entre traballadores sociais, educadores sociais, auxiliares administrativos e outras categorías
Detalles contido
Apoio da Xunta aos concellos con 17 millóns de euros para financiar os seus servizos sociais e programas de inclusión A maior contía do Plan Concertado diríxese a sufragar a contratación de máis de 800 profesionais, entre traballadores sociais, educadores sociais, auxiliares administrativos e outras categorías
10/01/2025|Xunta de Galicia
  • Estas subvencións tamén contribúen ao desenvolvemento duns 200 programas de interese social en toda Galicia
  • A conselleira subliña que na provincia de Pontevedra o investimento ascende a 4,5M€

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, avanzou esta mañá que a Xunta de Galicia concede aos concellos subvencións por valor de 17 M€ para financiar os seus servizos sociais municipais a través do Plan Concertado. Estas achegas axudan ás entidades locais a sufragar a contratación de persoal, os custos do Servizo de Axuda no Fogar Básico, programas de interese social no ámbito da inclusión e o mantemento de centros de emerxencia social.

Así o destacou durante a visita que realizou esta mañá ao centro social do Concello de Marín. No acto, no que estivo acompañada pola alcaldesa, María Ramallo, destacou que Marín recibiu preto de 100.000 euros a través do Plan Concertado, que se destinará principalmente ao reforzo do persoal de servizos sociais e á posta en marcha dun novo programa básico de inserción social. A conselleira destacou que na provincia de Pontevedra o investimento ascende a 4,5 M€.

Fabiola García fixo fincapé no “esforzo importante e necesario” que fai a Xunta para axudar aos concellos na tarefa de manter e despregar os seus servizos sociais de carácter municipal. Nesta liña, agradeceu o traballo realizado polas entidades locais e a súa disposición a traballar man con man en favor da inclusión social.

Contratación de profesionais

A partida máis importante do Plan Concertado deste ano é a dirixida a axudar a financiar postos de traballo adscritos aos servizos sociais comunitarios, un total de 13,7M€. Esta contía supón un incremento de 200.000 euros con respecto ao ano anterior e permitiu apoiar a contratación de 832 profesionais: traballadores sociais, educadores sociais, auxiliares administrativos e outras categorías. 

O Executivo autonómico tamén axuda ás corporacións locais con 2,3M€ para que leven a cabo programas sociais e apoiar o funcionamento dos centros de emerxencia para persoas en situación ou risco de exclusión. Con este importe fináncianse 194 programas en concellos das catro provincias. 

Por último, o Plan Concertado inclúe unha partida económica de 865.000 euros para o financiamento do SAF Básico e outra de 326.000 euros para reforzar os equipos de atención á infancia e á familia dos servizos sociais municipais.

 

Temas:Administración pública
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido