Ficha biblioteca

Nova A Deputación de Pontevedra destina 3.068.638,26€ ao Plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais no 2025
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación04/02/2025 FonteBop de Pontevedra
Taxonomía
TemasAdministración local Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de Pontevedra Ámbitos xeográficosPontevedra
Descrición Constitúe o obxecto desta convocatoria proporcionarlles asistencia económica aos concellos de menos de 20.000 habitantes nas súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios básicos
Detalles contido
A Deputación de Pontevedra destina 3.068.638,26€ ao Plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais no 2025 Constitúe o obxecto desta convocatoria proporcionarlles asistencia económica aos concellos de menos de 20.000 habitantes nas súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios básicos
04/02/2025|Bop de Pontevedra

1. Beneficiarios

Os servizos sociais comunitarios municipais básicos dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra.

2. Obxecto

Constitúe o obxecto destas bases proporcionarlles asistencia económica aos concellos de menos de 20.000 habitantes nas súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios básicos, recollidas na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

3. Lexislación aplicable

Bases de subvencións aprobadas polo acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra do 31 de xaneiro de 2025; Bases de execución do Orzamento provincial para o ano 2025; LXS; Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da LXS; e demais lexislación aplicable.

4. Contía

A contía máxima dispoñible para levar a cabo o Plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais para o ano 2025 é de tres millóns sesenta e oito mil seiscentos trinta e oito euros con vinte e seis céntimos (3.068.638,26).

5. Prazo de presentación

O prazo para a presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación das bases e do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e na BDNS.

6. Outros datos de interese

  • Solicitudes e documentación: as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).
  • Criterios de valoración: para a prestación dos servizos comprendidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025 establécese unha contía máxima para cada Concello de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra, a cal se recolle no anexo I.
  • Gastos obxecto de subvención: os recollidos na base cuarta da convocatoria.
  • Compatibilidade: si.
  • Forma de pagamento: transferencia.
  • Forma de xustificación: mediante a documentación requirida na base décimo primeira da convocatoria.
  • Prazo máximo para presentar a documentación xustificativa: ata o 28 de febreiro de 2026.
Temas:Administración local
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de Pontevedra
Ámbitos xeográficos:Pontevedra
Valorar:
Compartir contido