Ficha biblioteca

Nova A Xunta destinou case 26 M€ a proxectos de entidades veciñais desde a posta en marcha do Plan de acción comunitaria en 2016
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación07/03/2025 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local Tipo de contidoNovas ColectivosAsociacións e ONGs, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL) Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición A directora xeral de Administración Local contestou no Parlamento unha pregunta sobre esta medida creada para apoiar as asociacións veciñais e de mulleres rurais, así como as comunidades de usuarios de augas
Detalles contido
A Xunta destinou case 26 M€ a proxectos de entidades veciñais desde a posta en marcha do Plan de acción comunitaria en 2016 A directora xeral de Administración Local contestou no Parlamento unha pregunta sobre esta medida creada para apoiar as asociacións veciñais e de mulleres rurais, así como as comunidades de usuarios de augas
07/03/2025|Xunta de Galicia

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, interveu hoxe no Parlamento para responder unha pregunta sobre o Plan específico de acción comunitaria, a través do que a Xunta destinou desde a súa posta en marcha, en 2016, case 26 millóns de euros. Esta contía permitiu impulsar os proxectos de preto de 2.000 entidades, a falta de resolver as propostas de 2025. Segundo sinalou, a boa acollida que ten cada ano esta medida levou o Goberno galego a incrementar o presuposto para 2025 a 4 millóns de euros, un máis que nos anteriores exercicios.

Natalia Prieto incidiu na popularidade e o interese que xera esta medida entre os colectivos beneficiarios, isto é, asociacións veciñais e de mulleres rurais, así como comunidades de usuarios de augas, que fai que en cada convocatoria se rexistre un importante número de solicitudes.

Para a directora xeral, “a facilidade na presentación das solicitudes, o anticipo da totalidade das achegas concedidas e a amplitude de supostos financiados fan que este plan de axudas estea totalmente consolidado entre o movemento veciñal”. “Boa mostra de que esta orde de axudas é coñecida no mundo do asociacionismo é que na convocatoria de 2025, da que se pechou o prazo hai dúas semanas, se recibiron 856 solicitudes, cen máis que no ano pasado”, engadiu. 

Melloras en infraestruturas e equipamento

Entre a tipoloxía dos proxectos financiados destacan as obras de melloras nos locais sociais e a adquisición de equipamento informático, audiovisual ou de climatización, no caso das asociacións veciñais e de mulleres rurais.  Pola súa banda, as comunidades de usuarios de augas destinan as axudas a melloras nas captacións, canalizacións e depósitos.

Natalia Prieto lembrou que o Plan específico de acción comunitaria consta de dúas liñas: unha para obras, á que este ano se destinan 3,4 millóns de euros, e outra para equipamentos, con 600.000 euros.  As axudas económicas concedidas poderán acadar a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 euros no caso da liña de obras e de 5.000 euros en equipamento. Ademais, a subvención concedida poderá acadar a totalidade do investimento cun importe máximo por entidade solicitante de 17.000 euros.

A directora xeral referiuse tamén ás continuas melloras introducidas nesta medida desde a súa creación, adaptándose ás necesidades dos colectivos beneficiarios. Entre elas están a posibilidade de acollerse ao pagamento anticipado do 100% da subvención, o procedemento de concorrencia competitiva ou a distinción de dúas liñas de axuda, unha para obras e outra para equipamento.

En canto ao balance de 2024, os 3 millóns de euros de orzamento permitiron impulsar 341 proxectos, 202 de obras e 121 de equipamento. A meirande parte das entidades beneficiarias son da provincia de Pontevedra, con 162 que se repartiron case 1,6 millóns de euros, seguidas das de Ourense, con 100 colectivos beneficiarios e preto de 800.000 euros. Pola súa banda, na provincia da Coruña resultaron beneficiarias 46 entidades, que recibiron 342.000 euros, e na de Lugo, 33, con 270.000 euros en achegas.

Temas:Administración local
Colectivos:Asociacións e ONGs, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido