Ficha biblioteca

Nova A Xunta destina 350.000 € a colaborar cos concellos no impulso do uso da lingua galega
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación10/03/2025 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Cultura, ocio e deporte, Lingua e literatura galega Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude abre o prazo da convocatoria, enmarcada no Pacto pola Lingua, para desenvolver accións de promoción do galego nas entidades locais
Detalles contido
A Xunta destina 350.000 € a colaborar cos concellos no impulso do uso da lingua galega A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude abre o prazo da convocatoria, enmarcada no Pacto pola Lingua, para desenvolver accións de promoción do galego nas entidades locais
10/03/2025|Xunta de Galicia
  • A subvención responde ao compromiso do Goberno autonómico coa administración máis próxima á cidadanía para contar con servizos lingüísticos a prol do galego
  • A realización de campañas, ben con materiais físicos ou dixitais, e a posta en marcha de cursos de formación, son algunhas das actividades obxecto da achega

A Xunta de Galicia acaba de abrir o prazo para que as entidades locais soliciten as axudas destinadas a levar a cabo accións de promoción do uso da lingua galega, para o que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude achega 350.000 €.

Así, a convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia e aberta ata o 4 de abril, está dirixida a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, ben mediante a súa creación ou co reforzamento dun xa existente, promovendo o desenvolvemento de programas de dinamización en concellos. Ademais, tamén se impulsa cos agrupamentos de municipios a incorporación de localidades de menos de 3.000 habitantes que se poidan atopar con menos recursos para desenvolver estas tarefas.

A iniciativa responde ao compromiso do Goberno autonómico co apoio ás entidades locais no labor de normalización lingüística, en liña coas medidas incluídas no Pacto pola Lingua, colaborando con axudas económicas á posta en marcha e mellora dos servizos neste eido, tendo en conta que a administración local constitúe unha vía de dinamización da lingua prioritaria pola súa proximidade e o contacto mais directo coa cidadanía.

Neste senso, cómpre lembrar que a Administración galega creou no 2010 a Rede de Dinamización da Lingua que busca, precisamente, favorecer a acción conxunta e coordinada entre a Administración autonómica e a municipal no que ten que ver coa promoción e uso do galego.

Obxecto da axuda

ás axudas poden concorrer as propostas encamiñadas á creación e posta e marcha dun servizo lingüístico, habilitando deste xeito un departamento técnico inserido na entidade local co fin de planificar, xestionar, executar e avaliar medidas, accións e actividades dinamizadoras co obxectivo de incrementar o uso da lingua galega en todos os seus ámbitos de actuación, tanto a nivel interno como externo.

A achega tamén será aplicable cando se trate de manter un servizo xa existente no concello dándolle continuidade ás súas iniciativas ou reforzándoo de maneira que se poida atender a necesidades como a incorporación de máis persoal técnico.

No que ten que ver cos proxectos obxecto da subvención, deben ser aqueles que impliquen a realización de accións e campañas de dinamización lingüística ben en formato material, como pode ser libros, audiolibros, xogos, ou representacións artísticas, ou ben no eido dixital como as propostas baseadas en soportes electrónicos, na web ou nas redes sociais.

Ademais, tal e como sucedeu en edicións anteriores, unha das accións destacadas obxecto da subvención é o reforzo da formación lingüística, impulsando cursos formativos de lingua galega coa implicación do propio persoal técnico dos concellos, debidamente cualificado. Neste senso, a información práctica sobre estes cursos como é o contido, os horarios, a inscrición e os puntos onde se impartirán poderá ser consultada no Portal da Lingua.

 

Temas:Administración local, Cultura, ocio e deporte, Lingua e literatura galega
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido