Ficha biblioteca

Nova A Xunta destina 500.000€ a entidades locais de Galicia, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación10/03/2025 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Cultura, ocio e deporte Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Publicada no DOG de hoxe a convocatoria de subvencións a entidades locais de Galicia, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais
Detalles contido
A Xunta destina 500.000€ a entidades locais de Galicia, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais Publicada no DOG de hoxe a convocatoria de subvencións a entidades locais de Galicia, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais
10/03/2025|Xunta de Galicia

Entidades beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta convocatoria os concellos de Galicia, mediante solicitude individual ou mediante xestión compartida, a través da solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, as mancomunidades de concellos e consorcios locais de Galicia constituídos exclusivamente por concellos; así mesmo, poderán ser beneficiarias as entidades resultantes dunha fusión municipal.

As entidades relacionadas deberán ser titulares dos locais culturais para os que se solicitan as axudas, e os locais culturais deberán contar cunha programación cultural estable ao longo do ano ou prestar un servizo público cultural de carácter continuado, agás no caso de locais cuxo proxecto supoña a súa posta en funcionamento.

Obxecto e finalidade

Esta orde ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas á mellora e equipamento das instalacións e locais culturais de entidades locais de Galicia destinados a actividades de carácter cultural, conforme o procedemento que a continuación se establece na presente orde.

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da convocatoria desta liña de axudas, pretende continuar co labor de mellorar a infraestrutura dos equipamentos culturais co fin de dotar dos medios necesarios para que as entidades locais comprometidas coa acción cultural poidan executar os seus programas culturais, así como contar coas oportunas infraestruturas que lles permitan a adecuada realización das actividades culturais que promovan, garantindo o servizo público que prestan á cidadanía.

Bases reguladoras

Orde do 24 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais de Galicia, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT211B).

 Importe

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito de total 500.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432B.760.0.

A axuda máxima por entidade local beneficiaria que concederá a consellería será de 30.000 €, que en ningún caso poderá exceder do 90 % do orzamento total do proxecto subvencionable. Este importe de 30.000 € ascenderá a 35.000 € cando se trate de solicitudes realizadas por agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e entidades resultantes dunha fusión.

 Prazo de presentación de solicitudes

As entidades locais relacionadas no artigo 2 da orde de convocatoria que desexen acollerse a estas axudas deberán presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. En todo caso, sempre estarán excluídos do cómputo os sábados, domingos e os declarados festivos.

Temas:Administración pública, Administración local, Cultura, ocio e deporte
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido