Ficha biblioteca

Nova A Xunta unifica nunha mesma convocatoria dotada con máis de 14 M€ as axudas aos concellos rurais para a contratación de persoas desempregadas
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación13/03/2025 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Emprego Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O DOG publica hoxe a orde destas achegas Aprol rural que se fusionan cos apoios á contratación de persoas perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) atendendo aos cambios dos últimos anos e á demanda de ambas liñas
Detalles contido
A Xunta unifica nunha mesma convocatoria dotada con máis de 14 M€ as axudas aos concellos rurais para a contratación de persoas desempregadas O DOG publica hoxe a orde destas achegas Aprol rural que se fusionan cos apoios á contratación de persoas perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) atendendo aos cambios dos últimos anos e á demanda de ambas liñas
13/03/2025|Xunta de Galicia
  • O obxectivo é a simplificación administrativa e facilitar o acceso dos municipios do rural a estas achegas, que poderán solicitar desde mañá ata o 14 de abril para empregar a persoas na realización de tarefas de prevención de incendios forestais
  • A orde céntrase nos concellos de menos de 50.000 habitantes e como novidade tamén poderán acceder a elas as mancomunidades e consorcios locais de concellos para promover a empregabilidade da poboación sen traballo nas áreas rurais
  • Ademais, a diferencia das anteriores, ofrece a posibilidade de desenvolver accións formativas por parte do Goberno galego e en colaboración coas entidades que resulten beneficiarias destas axudas para as persoas traballadoras contratadas

A Xunta de Galicia unifica nunha mesma convocatoria, dotada con máis de 14,2 M€, as axudas aos concellos rurais para a contratación de persoas desempregadas en tarefas relacionadas principalmente coa prevención de incendios forestais. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de 2025 destas achegas Aprol rural que se fusionan cos apoios á contratación de persoas perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (Risga) atendendo aos cambios dos últimos anos e á demanda de ambas liñas. O obxectivo é a simplificación administrativa e facilitar o acceso dos municipios do rural a estas achegas.

As entidades locais interesadas poderán solicitalas desde mañá ata o 14 de abril e con elas promóvese a contratación de persoas sen traballo e con maiores dificultades de inserción laboral nos concellos rurais en colaboración coas entidades locais e para tarefas como a planificación preventiva, a valorización forestal, a silvicultura, a limpeza de montes e a xestión da biomasa.

A orde céntrase nos concellos de menos de 50.000 habitantes e como novidade tamén poderán acceder a ela as mancomunidades e consorcios locais exclusivamente de concellos. Deste xeito, búscase facilitar con experiencia profesional a mellora da empregabilidade da poboación sen traballo nas áreas rurais e con menos oportunidades laborais e, ao mesmo tempo, contribuír a fixar poboación no rural.

Outra novidade é que esta convocatoria ofrece a posibilidade de desenvolver accións formativas- por parte do Goberno galego e en colaboración coas entidades que resulten beneficiarias destas axudas- para as persoas traballadoras contratadas e relacionadas coa limpeza e mantemento de vías e parcelas e de prevención de incendios.

Con estas axudas, o Goberno galego estima favorecer a contratación dunhas 750 persoas sendo a duración dos contratos de nove meses. Os apoios incluirán a contía de todos os custos salariais por cada persoa contratada, segundo o convenio colectivo vixente.

Ligazón á resolución no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250313/AnuncioG0767-060325-0001_gl.html

 

Temas:Administración local, Emprego
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido