Ficha biblioteca

Nova A Deputación de Ourense convoca subvencións a concellos da provincia de menos de 5.000 habitantes, para a confección de cartografía dixital do rueiro municipal e elaboración e colocación de placas de identificación
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación16/04/2025 FonteDeputación de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración local, Territorio, vivenda e transporte Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Descrición Publicado no BOP oExtracto da do concurso público para a concesión de subvencións a concellos da provincia de Ourense de menos de 5.000 habitantes, para a confección de cartografía dixital do rueiro municipal e elaboración e colocación de placas de identificación, correspondentes ao exercicio 2025
Detalles contido
A Deputación de Ourense convoca subvencións a concellos da provincia de menos de 5.000 habitantes, para a confección de cartografía dixital do rueiro municipal e elaboración e colocación de placas de identificación Publicado no BOP oExtracto da do concurso público para a concesión de subvencións a concellos da provincia de Ourense de menos de 5.000 habitantes, para a confección de cartografía dixital do rueiro municipal e elaboración e colocación de placas de identificación, correspondentes ao exercicio 2025
16/04/2025|Deputación de Ourense

Extracto da do concurso público para a concesión de subvencións a concellos da provincia de Ourense de menos de 5.000 habitantes, para a confección de cartografía dixital do rueiro municipal e elaboración e colocación de placas de identificación, correspondentes ao exercicio 2025

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria, os concellos da provincia de Ourense de menos de 5.000 habitantes.

Obxecto:

O obxecto destas bases é a regulación da tramitación e concesión, por parte da Deputación Provincial de Ourense, de subvencións a concellos de menos de 5.000 habitantes, mediante a convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia non competitiva, coa finalidade de colaborar economicamente na confección de cartografía dixital do rueiro municipal, así como a elaboración e colocación de placas de identificación coa numeración do rueiro, no exercicio 2025.

Bases reguladoras:

Acordo da Xunta de Goberno do 7 de abril de 2025, polo que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións a concellos da provincia de Ourense de menos de 5.000 habitantes, para a confección de cartografía dixital do rueiro municipal e elaboración e colocación de placas de identificación, correspondentes ao exercicio 2025.

Importe:

O financiamento das subvencións reguladas nesta convocatoria realizarase con cargo á aplicación 45012/46221, ata esgotar o crédito orzamentario.

A contía máxima dispoñible para a concesión destas subvencións é de cen mil euros (100.000,00 euros).

A contía das subvencións obxecto desta convocatoria consistirá nunha porcentaxe do orzamento dos proxectos seleccionados, podendo acadar, como máximo, o 50 % do custo total de cada proxecto.

Sen prexuízo do anterior, ningún beneficiario poderá obter, ao abeiro desta convocatoria, unha subvención por importe superior a 10.000 €.

Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo improrrogable de presentación iniciarase o día 22 de abril de 2025, a partir das 08.00 horas, e rematará o 20 de maio de 2025 ás 23.59 horas, sendo este o derradeiro día e hora no que poderán presentarse validamente as solicitudes.

As solicitudes presentadas antes ou despois das datas e horas indicadas nesta base, consideraranse presentadas de forma extemporánea e, en consecuencia, non serán admitidas a trámite.

Temas:Administración local, Territorio, vivenda e transporte
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido