Ficha biblioteca

Evento Curso de técnicas de manexo e mobilización das persoas enfermas e dependentes
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación16/04/2025 FonteDeputación de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Descrición Este curso vai dirixido a Traballadores/as das entidades locais da provincia, concellos e mancomunidades que pertenzan aos servizos de axuda no fogar para a atención de persoas dependentes.
Detalles contido
LugarTelepresencial e en liña OrganizadorDeputación de Ourense Datas
DíaHora inicioHora fin
28/04/2025 9:00 20:00
30/06/2025 9:00 20:00
01/10/2025 9:00 20:00
28/11/2025 9:00 20:00
Evento

Curso de formación para persoal dos servizos de axuda no fogar: Curso de técnicas de manexo e mobilización das persoas enfermas e dependentes

1. Persoas destinatarias

  • * Traballadores/as das entidades locais da provincia, concellos e mancomunidades que pertenzan aos servizos de axuda no fogar para a atención de persoas dependentes.
  • * Asistentes/as e traballadores/as sociais das mancomunidades e concellos e demais persoal técnico especializado na materia encargado da atención e xestión dos departamentos de servizos sociais das corporacións locais da provincia.
  • * Persoal ao servizo da Administración local que teña asignadas responsabilidades en materia de servizos sociais ou que desenvolva o seu traballo desde outros ámbitos profesionais no campo da atención primaria e de atención á dependencia.

2. Desenvolvemento

  • 2.1. Modalidade da acción formativa: telepresencial e en liña.
  • 2.2. Duración: 80 horas edición.
  • 2.3. Datas de realización:
  • 1.ª Edición: do 28 de abril ao 30 de xuño de 2025.
  • 2.ª Edición: do 1 de outubro ao 28 de novembro de 2025.
  • 2.4. Prazas: 20 participantes por edición.
  • 2.5. Número de edicións: dúas.

3. Obxectivos

  • * Formar os/as traballadores/as de axuda a domicilio nas técnicas de mobilización, traslado e deambulación para realizar con seguridade a mobilidade das persoas dependentes segundo as súas características físicas.
  • * Coñecer as principias enfermidades dos/as usuarios/as do servizo de axuda a domicilio e que inciden na mobilización das persoas dependentes.
  • * Instruír os/as participantes nos principais riscos e complicacións dunha inadecuada manipulación física, tanto para as persoas enfermas como para os/as traballadores/as do servizo de axuda no fogar.

4.- Programa.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o martes 22 de abril de 2025 para a primeira edición e o mércores 24 de setembro de 2025 para a segunda edición.

Temas:Administración pública, Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido